Unha novela sen conflito
Asuencia de alicerces

Detalle do libro. / César Lorenzo Gil
César Lorenzo Gil
Lúa nova, de Irene Montero, publicada por Xerais, gañou o VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, que se outorgou no 2021. Conta a historia de Lúa, unha pianista de éxito internacional cega de nacemento. A novela parte dun presente, no que a protagonista viaxa a San Francisco, EUA, para percorrer a súa breve biografía. Saberemos que Lúa está emparellada cun exitoso enxeñeiro aeroespacial e que ten a mellor familia do mundo. O seu pai “era un home bo, con maiúsculas” (p. 22). Coñeceremos unha presada de anécdotas, coma que Lúa actuou con Xoel López, e que unha vez tivo que viaxar a Nova York nun vello avión de hélices.
O debú na narrativa de Irene Montero (Ferrol, 1970) é unha especie de relato de case noventa páxinas que poderiamos encaixar no xénero da breve biografía haxiográfica e intranscendente contada para maior gloria da protagonista e descanso da autora, sen ningún interese para ningún lector alleo aos personaxes reais que seica inspiraron esta obra, que ve a luz grazas a que cinco membros dun xurado lle outorgaron un premio literario. Ver un libro así publicado e recoñecido cun galardón inspira desacougo: De verdade esta era a mellor obra presentada de entre as vinte e nove obras que concursaron? De ser así, ten sentido manter un certame en cuxo historial vai estar unha obra deste calibre e cuxa base de selección é tan pobre? Premiar esta obra con diñeiro público coido que merece abrir unha reflexión.
Porque Lúa nova apenas ten valor como presentación dunha posible historia futura, na que á parte de adxectivos positivos e páxinas e páxinas de diálogos aburridos e inservibles, se nos presentase algún conflito, algún nó que mantivese a atención do lector, ou polo menos utilizase os recursos habituais na ficción para explicar dun xeito máis profundo os problemas reais que unha cega ten que vivir no tempo de hoxe. Porque esa “utilidade didáctica”, esa vía popular de divulgación e visibilización da protagonista podería ter interese se se desenvolvese ao xeito, se a autora optase por dotar a súa obra de esquelete e non de adornos. Lúa nova é coma unha desas tortas, rechamantes cos seus dous pisos de nata montada e guindas e flores de buttermilk, mais que ao meterlle a punta do coitelo, desfanse no aire porque debaixo non hai biscoito que as sustente.
Montero sabe redactar, é quen de explicarse ben e construír parágrafos tecnicamente solventes —alén do abuso da adxectivación—, pero non son funcionais nin á trama nin ao desenvolvemento literario dos personaxes. Esta técnica e deseño tería sentido se estivésemos lendo unha publirreportaxe, pero non serve para unha novela. No resultado final nada é auténtico e fíao todo a que o lector empatice coas capacidades extraordinarias da protagonista.

Portada do libro.
LÚA NOVA (2022): Irene Montero, Vigo, Xerais, PVP. 15,67€
Suscríbete para seguir leyendo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- Indra contratará a 170 personas en Galicia y centrará en Vigo su centro de ingeniería para guerra electrónica
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Papá y mamá te acompañan: Carla Lago se estrena en la Vig-Bay tras perder a sus padres en dos años por inesperadas enfermedades
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo