Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

No harén de Fez

Unha historia digna de ler

No harén de Fez

“Candemaia”, colección de Laiovento, “xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra”, sempre a través de libros traducidos e escritos por mulleres. O último deses libros é "Soños no limiar", da escritora marroquí Fatema Mernissi (Fez, 1940-Rabat, 2015), traducido ao galego por Rocío Viéitez.

A autora, que naceu nun harén, comprometeuse activamente co cambio de imaxe da muller no Islam e foi pioneira do feminismo no seu seo, pois cría que as Sagradas Escrituras foran malinterpretadas por homes autoritarios e misóxinos, defendendo os dereitos da muller no mundo árabe e islámico, chegando a ser un referente nese ámbito, e premio Principe de Asturias das Letras en 2003. Foi tamén unha intelectual moi formada e profesora universitaria, merecendo citar entre as súas obras "Sexo, ideoloxía e Islam" (1975) e "O harén político: o profeta e as mulleres" (1987), e o libro que hoxe comentamos, "Soños no limiar: Memorias dunha nena do harén" (1996).

Trátase, segundo ela mesma, dunha “falsa autobiografía” a través dunha serie de contos que teñen un fío común: a vida dunha nena no harén de Fez, lembranzas da vida e experiencias persoais mesturadas con fantasías propias dunha nena, protagonista das historias, dando conta de como é a vida no harén, como se desenvolve e as dinámicas que xorden no microcosmos interno segundo o rol de cada unha das persoas que o habitan: moitas mulleres, unhas sometidas contra a súa propia vontade, outras fieis defensoras de todas as represións existentes e dese estilo de vida... A través destas páxinas poderemos coñecer ese mundo e comprender o que nel se pode sentir e vivir. Digno de ler.

SOÑOS NO LIMIAR (2022): Fatema Mernissi (trad. Rocío Vieitez), Laiovento, Santiago, PVP. 19,95€

Compartir el artículo

stats