Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Electrónica viva eemocional

Croma: Human máis que Human

Alfonso Regos García, Croma. | FOTOS: CORTESÍA DOS ARTISTAS

Leva Croma, dende Ordes, unha boa man xa de anos desenvolvendo o seu traballo e colaborando con diferentes e diversos artistas da escena galega e tamén de xente de fóra. DJ, produtor e compositor, Croma é ténico de son e tamén produtor de audiovisuais. Compuxo música para documentais e leva publicados unha ducia de referencias en selos como Brain Washer Records, MAN Records, Metalectro, After Mess ou Electrica Music. No 2016 foi Premio Martín Códax ao mellor Produtor Galego de Música Electrónica, e conta cunha enorme e excelente reputación dentro da escena desde hai ben anos aínda que a súa maneira de entender a música alicerza en gran parte naconvencida querencia de gozar do traballo na sombra.

Dende ben cedo nos seus inicios na escena rapeira de Ordes, Croma sentiuse atraído polas máquinas, os sintetizadores e toda a cachibachada electrónica que pouco a pouco ía chegando ás súas mans para facer música, aínda en tempos pre internet e nos que os coñecementos para facturar este tipo de música no noso país pasaba por ser obrigatoriamente músico autodidacta. Así iniciábase no deejing e na produción musical a finais dos anos noventa, curtíndose tanto nos escenarios coma no estudio, sobre todo, traballando tras os pratos, grazas ao rap e tamén á electrónica máis bailable na que tamén se prodiga na actualidade. En 2009 funda o dúo electrónico Decepticons, dando á súa música un xiro ao electro-rock, conseguindo chegar ao top 10 de Beatport e soar no video oficial do mundial de Slackline. A día de hoxe a súa experiencia e mais o seu talento innato, manexando as ferramentas electrónicas para facer música, fan del un dos músicos galegos e estatais que mellor exporta o electro feito aquí.

Agora ten traballo novo recén publicado, e baixo o título xenérico de Human máis que Human, no que leva a cabo unha clara aposta pola música electro complextro/bass house nun exercicio de reivindicación e compromiso polo que escapa e foxe do mainstream electrónico de azucre e comida lixo en prol da fidelidade absoluta ao instinto e á old school e dándolle cera aos impulsos máis primarios e combativos dos oíntes, nun exercicio valente, visceral e perfectamente engraxado e apoiado nese seu virtuosismo técnico ademais do talento de quen sabe buscar e atopar o que quere.

Contan que nos inicios do tecno existía unha considerable parte rebelde que se enfrontaba directamente ao sistema capitalista nun claro berro en contra das inxustizas sociais, pero a inercia e o acomodamento fixo que todo mudara cara unha proposta comercial e domesticada, este proxecto volta ás raíces desa crueza orixinal perdida polo camiño e plantexa un achegamento á reflexión e ao rescate de fómulas que, precisamente agora, tras a dinámica social e histórica dos últimos anos semella máis necesaria que nunca. Neste Human máis que Human, Alfredo Regos García, baixo a marca Croma, reparte electrónica viva e emocional para facerte bailar e pensar ou, e tamén tan necesario, para abrirche portas a esa evasión momentánea que todos precisamos experimentar polo menos de cando en vez.

Desde Minneapolis a Galiza, en versión de Purple Rei.

Purple Rei

Máis aló daquilo de practicar ese recorrente deporte de falar ben de alguén que xa nos deixou, o certo é que o talento daquel pequeno Rei Funky de Mineapolis, coñecido co alcume de Prince, mesmo a día de hoxe, e despois de seis anos e pico do seu pasamento, aínda se fai difícil de valorar na súa xusta medida. Din del que incluso hai centos de cancións que deixou gravadas e que queda moito material inédito por debullarmos e por admirarmos, composto despois de firmar algunhas desas cancións que xa todos coñecemos e que o colocaron no máis alto do podio de calquera melómano que se prece.

Mais hoxe queremos falarvos dunha banda galega que bebe directamente de Prince, tanto é así que o seu é revisar, versionear e reaquelar os seus temas e traelos ao galego sobradamente cargados de bo gusto, fermosa intensidade e moito talento. A banda chámase Purple Rei e está formada por Sergio Zearreta e María Galdón nas voces, Miguel Queixas na batería, Miguel Thomas na guitarra e Antón Torroncho no baixo. Contan, dende o propio grupo, que o seu repertorio apuntala nunha escolma de temas que navega por toda a historia musical do artista pero especialmente centrado na súa dourada década dos oitenta, nun claro exercicio de recomposición que acada de cheo o complicado fito de semellar incluso temas propios da banda interpretados co talendo e solvencia duns músicos ben experimentados e xa curtidos en ben batallas anteriores.

Altamente recomendables nas súas postas en directo e tamén de visita obrigada na súa canle de youtube onde xa podes gozar dalgunhas das súas magníficas versións. Especialmente brillante a última en estrearse, baixo o título de “21 de abril”, coa fantástica colaboración de Lucía Aldao e cargada de emotividade e sentimento ate as canizas.

Compartir el artículo

stats