As luces infindas
Feliz mestizaxe xenérica

As luces infindas / Lucía Seoane
Lucía Seoane
Como, sen dúbida, resulta ben coñecido, Le déjeuner des canotiers (“O xantar dos remeiros”) vén ser un célebre cadro da autoría do grande artista francés Pierre-Auguste Renoir (1841-1919), concluído en 1881 e que foi amosado publicamente por vez primeira na sétima exposición impresionista, en 1882. A obra foi comprada polo marchante Durant-Ruel, quen a deu a coñecer mundialmente, e na actualidade forma parte da Colección Philips en Washington (EUA).
Como moi ben sinala o autor do volume que hoxe traemos ás páxinas de FARO DA CULTURA, Fuco Paz Souto (A Coruña, 1955), sexan millonarios ou, polo contrario, obreiros, os personaxes de Renoir sempre aparecen rodeados por unha natureza agradable. Trátase, entón, desa luz infinda, que o noso pintor é quen de capturar con extraordinaria mestría, e que procede, no seu cadro, da grande abertura no balcón, xusto por detrás do home en camiseta e sombreiro –Paz Soutro infórmanos de que se trata de Aphonse Fournaise, fillo do propietario do restaurante “Fournaise” na illa de Chatou– e que a seguir irradia sobre toda a escena.
Con acerto e habilidade, Paz Souto leva a cabo, ao longo das páxinas deste breve volume, unha viaxe retrospectiva, unha procura do tempo perdido, mediante unha sutil combinación de xéneros –lírica, narrativa, dramaturxia– e na cal predominan con todo, as tonalidades poéticas.
Escribir literatura sobre literatura ou, como vén ser o caso presente, literatura sobre arte non sempre configura unha expresión doada, toda vez que o autor pode caer no puro manierismo. Mais non é ese o caso que nos ocupa. Antes ben, a sutileza, o exercicio memorístico, unha erudición que en ningún caso resulta afectada, transcorrer pracidamente nas liñas desta entega que saudamos con agarimo.
LE DÉJEUNER DES CANOTIERS (2022): Fuco Paz Souto, Toxosoutos, Noia.
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo