Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Co mar ao fondo

Amábel e sinxelo

Co mar ao fondo

Co mar como pano de fondo artella Rosa Estévez Gante unha historia que, tendo dúas rapazas como protagonistas, traspasa as fronteiras da realidade e acubíllase no mundo das emocións para revivir lembranzas de tempos pasados, de espazos afastados e de persoas ausentes que permiten afrontar o futuro coa prestancia que esixen as circunstancias.

Logo dunha tarde na praia na que pudieron voar papaventos e descifrar unha enigmática mensaxe, Tainá e Luana intercambian olladas cara ao horizonte que falan de saudade sen sabelo, de nostalxia, de soidade, de sentimientos profundos no que o vivido supón un aguillón que fere e estimula porque é intenso. A separación dos seres queridos, o abandono do lugar de nacemento, a travesía realizada percorre as súas existencias e dálles azos para valorar o presente, sen esquecer o pasado e augurar un futuro mellor porque a experiencia ou as experiencias convértense en aliadas perfecta, porque camiñar acompañado é máis doado e máis enriquecedor.

Ademais do texto, amábel e sinxelo, é de destacar a proposta plástica realizada por Rafa Antón cuxas ilustracións, baseadas no trazo preciso e nas cores suaves, permiten e propician unha lectura paralela que lanza unha mensaxe visual na que a comprensión e o entretemento están garantidos: os persomaxes e a historia que contan lese a través das liñas que deseñan xestos, impresións, sentimentos, emocións e paisaxes que complementan, e mesmo superan en expresividade, as palabras. Os detalles dos debuxos actúan como fío condutor da narración e favorecen unha interpretación creativa moi subsutanciosa desde o punto de vista didáctico. Asegúrase, deste modo, unha comunicación verbal e visual perfecta.

ESTÉVEZ GANTES, R., Soños á beiramar (Ils. Rafa Antón), Kalandraka, Pontevedra, 2022, PVP. 14€

Compartir el artículo

stats