Deliciosos desvaríos
Reinventado os contos

Deliciosos desvaríos / María Navarro
María Navarro
Preparar a Axente Riciños para resolver o caso das princesas desparecidas non semella unha tarefa doada; dar resposta aos inquéritos dos Príncipes Azuis acerca do paradeiro das súas namoradas tampoco, pero para iso están os membros da Comisaría da Fraga, para resolver o caso, así que dan comezo á Misión Princesa e poñen en marcha un plan de actuación que se resolverá cun final feliz como adoita suceder nos contos clásicos de sabor popular, aínda que a súa resolución se antolla a priori custosa dado o decorrer dos acontecementose e a natureza dos feitos.
Os personaxes non podían ser máis queridos polo público infantil que medrou cos contos de Charles Perrault, Jacob e Wilhelm Grimm ou Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve máis ou menos versionados por pais, nais, avós, avoas, irmáns e demais parentela segundo as circunstancias. Así que o éxito do texto está asegurado porque a tan singular elenco súmanse pingas de rabiosa actualidade e deliciosos desvaríos en forma de comentarios que El Hematocrítico achega para que resulte, se cabe aínda, máis divertida a recepción e a reflexión que se desprende dos feitos narrados.
A capacidade de reinventar os contos, a mestura de protagonistas e situacións variadas causan no lector unha sorte de sorpresa ben atractiva para o texto que atrapa a atención con personaxes presentes no imaxinario colectivo, pasea polos vieiros da actualidade achegando interesantes reflexións sobre mitos e tópicos e desemboca en situacións lóxicas que lle outorgan frescura e comicidade a un texto previsible e imprevisible ao mesmo tempo e que, sen dúbida, desafiará a imaxinación do lector asociando a irrealidade, o absurdo e o extraordinario para (re)crear un microclima fantástico.

Portada da obra.
EL HEMATOCRÍTICO, Axente Riciños.Misión Princesa (Ils. Mar Villar), Xerais, Vigo, 2022, PVP. 12,82€
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar