Xornalismo e estampa literaria
Con autenticidade

Detalle da portada de "Aldea Buxán". / Estro Montaña
Estro Montaña
Francisco Álvarez, Koki, é coñecido fundamentalmente polo seu labor poético, pero a súa proxección pública está asociada tamén á literatura infantil, á participación en libros nos que está presente a relación entre escritores españois e os Estados Unidos, e a un intensa actividade cultural en Nova York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro.
Agora vén de publicar na editorial Embora un libro de difícil clasificación no que se mestura a ficción co xornalismo, o conto coa estampa literaria e o artigo periodístico. É certo que Aldea Buxán e un territorio onde a invención está presente, pero non podemos esquecer que en todas as narracións hai moitos elementos ancorados na realidade, discursos literarios nos que o fío da memoria rescata a infancia e adolescencia do escritor, textos nos que a sensualidade bocacciana comparte mesa co relato do pisco no Baixo Miño, as infamias da Guerra Civil, as ilusións que o circo irradiaba na Guarda, os abusos dos empresarios, ou as simpatías que esperta o náufrago que aparece e desaparece como por arte de maxia da vida dos mariñeiros da vila.
Esta miscelánea, escrita na lingua coloquial que o escritor escoitou de neno, é un auténtico mostrario de personaxes populares: o indiano que volveu de Puerto Rico, o mariñeiro, o dono dun circo, os contrabandistas e os gardas civís, os emigrantes que construíron a ponte de Brooklyn, os republicanos fusilados, o cura que deixa embarazada unha monxa…
Cómpre sinalar a autenticidade que transmiten as narracións, a nostalxia dos costumes pretéritos, a dimensión social, porque sen dúbida hai un espírito critico en moitas destas páxinas e unha solidariedade evidente cos seres máis vulnerables.

Portada.
ÁLVAREZ, KOKI,F., Aldea Buxán, Embora, Ferrol, 2021,PVP 14 €
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar