Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A nosa desmemoria democrática

Pola xustiza e a verdade

O 12 de novembro de 2006 unha necrolóxica lembraba a Adolfo Monroy Figueroa. Nela podíase ler: “quitáronnos o dereito a coñecerte. Ninguén pode quitarnos o dereito a lembrarte’” Ademais, na mesma necrolóxica reclamaban verdade e xustiza, alén de que o xenocidio franquista figurase nos libros de texto.

A pregunta é ben sinxela: por que nun estado que se di democrático é tan difícil recuperar a memoria das persoas que defenderon e loitaron pola democracia e a liberdade? Hai máis preguntas sinxelas: por que nos muros das igrexas deste país segue promovéndose a memoria antidemocrática de José Antonio Primo de Rivera e dos “caídos na cruzada nacional” -apenas borrados- e a memoria das xentes que defenderon a legalidade democrática vixente no 1936 segue a ser -en determinados casos, como o do Memorial da Volta da Moura-, destruída? En fin, son moitas as preguntas que agardan resposta.

A represión franquista é un feito incontestable. Daquela, aínda que poida parecer un exceso..., nun país no que o fascismo franquista provocou un xenocidio democrático, non se pode ser demócrata sen ser antifascista! De feito, os reparos deste país en recuperar a nosa memoria democrática e antifascista, a dos cinco tranviarios, dos cinco do Porriño, dos cinco de Teis, os 26 de Mos, as case 3.500 persoas presas en Oia... é un problema de cultura democrática, porque a memoria é familiar, persoal..., pero é o fermento no que se forxan as identidades e co que se constrúe a Historia. Daquela, a resistencia a recuperar a memoria democrática e antifascista implica deixar fóra da nosa historia a quen loitou pola democracia e a liberdade, polos dereitos humanos... Un país democrático pode ter un pasado fascista -aí está Portugal-, pero non pode construír o seu presente sobre ese pasado fascista a costa de esquecer a memoria democrática e antifascista.

Recuperar a memoria do terror no Val Miñor é o obxecto do libro O terror nas Tebras e outras catas na memoria (Laiovento, 2022), do profesor Carlos Méixome

Portada do libro.

Portada do libro.

MÉIXOME, Carlos, O terror nas Tebras e outras catas na memoria,Laiovento,Santiago,2022, PVP. 23,70€

Compartir el artículo

stats