Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dublín, Galicia

De lectura inevitable

Detalle da portada de "Dublineses".

Como conmemoración ou lembranza, ou coma homenaxe ao autor, publica Galaxia Dublineses -en tradución de María Alonso- aos cen anos de publicarse o impresionante e dificultoso Ulises de James Joyce (Dublín, 1882 – Zürich, 1941), que xa publicara esta mesma editorial.

O libro -máis axeitado para o público en xeral neste centenario-, publicado en 1914, componse de quince relatos realistas que reflicten a clase media do Dublin dos primeiros anos do século pasado, momento histórico no que, ademais, o nacionalismo irlandes e a identidade e indepencia do pais estaban nun momento de verdadeiro auxe; cousas que, para o autor, ao ser tan intensas, provocaban a parálise, e mesmo a regresión, no no camiño do progreso da arte e da cultura. Por iso el mesmo é a principal figura da narrativa modernista e renovadora da novela na primeira metade so século XX, poñendo por diante a autonomía da literatura fronte ás ideas políticas e aos criterios comerciais.

Así contextualizado, vén ser un dos libros máis unitarios e conseguidos do autor, pese a centrarse en Dublín e en personaxes previos á independencia da católica Irlanda fronte á protestante Inglaterra, pois consegue unha penetración e unha sensibilidade verdadeiramente notables tanto na natureza humana, nas distintas etapas e condicións, coma nas relacións interpersoais e sociais, e indo desde as primeiras experiencias infantís ata a fin dos días, en “Os mortos”, conto considerado como dos mellores do xénero, onde ten lugar tamén unha das “epifanías” de Joyce, momento delicado de gran profundidade espiritual, ao tempo que teñen lugar acontecementos sórdidos ou mesmo triviais. Capítulos da historia moral irlandesa, obra referente de inevitable lectura.

Portada do libro.

JOYCE, James, Dublineses (trad.María Alonso), Galaxia, Vigo, 2022. PVP. 17,10€

Compartir el artículo

stats