Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Destreza das palabras

Cunha dobre sorpresa

Detalle da portada de "Instrucións para ler este libro".

Logo da publicación de A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Ester, O valente coello que quixo soñar, Mel, unha mosca agradecida, Piratas no recreo ou Unha folla vermella, Miguel Anxo Alonso Diz presenta na colección “Sopa de Libros” de Edicións Xerais de Galicia Instrucións par ler este libro cun Limiar sen instrucións no que Antón Cortizas achega a súa particular destreza no uso das palabras que mergullará ao lector nun universo fantástico que, de seguro, aniña na memoria colectiva da xente deste e doutros países.

Se o lector mozo segue as trece instrucións que aparecen ao comezo, estará preparado para deixarse sorprender polo que conta Xulián da Santa Compaña, a bruxa Ester, o trasno Serafín, o Lobishome Antón, a moura Alanis, o Nubeiro ou o biosbardo Abelardo e que grazas á interpretación plástica de Luz Beloso permitirá unha lectura por un mundo paralelo habitado por seres con poderes especiais capaces de engaiolar ou asustar á persoa máis incrédula ou o viaxeiro máis inocente porque a maxia deita no trazo a idea, o concepto, a historia que a palabra pinta de cores con distintas tonalidades e con diferentes texturas.

A sociedade constrúe os seus símbolos, os individuos interiorízanos e a linguaxe coas verbas, que son a esencia do simbolismo, encárganse de darlle forma para goce e disfrute da cativada que percibirá na xuntanza dos seres antes mencionados outras formas de percibir a realidade que poñen en evidencia a idoneidade ou non de seguir pautas de comportamento que, téndose por positivas, deixan aos humanos en non moi bo lugar.

Para rematar, outras instrucións indican aos lectores o que han de facer para salvar a alma nun intento de desbaratar o que se agarda deles, de aí a dobre sorpresa.

Portada do libro.

Portada do libro.

ALONSO DIZ, M.A., Instrucións para ler este libro (ils. Luz Beloso), Xerais, Vigo, 2022, PVP. 11,35€

Compartir el artículo

stats