Conceptual e evocativo
Atraente, provocativo, interesante

Detalle da portada. / HéitorMera
Héitor Mera
Luís Valle é autor cunha traxectoria xa importante no seu haber. Ese percorrido literario vese continuado con este seu último libro, Alianza, que, en boa medida, non desmerece, mesmo mellora, todo o que nos leva achegado nas dúas últimas décadas.
Este poemario, daquela, se nos poñemos nun posicionamento de clasificación estrito ou incluso simplón, é un poemario de amor. Agora ben, un amor visto dende moitas ópticas. Tal é así que a lectura destes poemas envolve arredor da súa interpretación e recoñecemento dunha enunciación poética repleta de sabedoría. Eis, un texto que se mergulla na vida. Na vida de nós, dos que vivimos o amor con intensidade e que ao tempo somos conscientes das fases, momentos e vivencias que arredor del experimentamos.
Por moi entregado que sexa o eu lírico valorámoslle ese equilibrio entre o lirismo, o romanticismo vivencial xunto ao realismo das diferentes concepcións e situación que se poden dar. Ese realismo fai que o romanticismo non torne en bobalicón, inverosímil. Espreme as posibilidades da luz, intensísima imaxe para o tal sentimento, sen esquecer as sombras que tamén se poden dar ou os ocos e baleiros que tamén poden estar presentes nunha relación así. É o equilibrio no que se implica a poesía de Valle. E debemos salientar que tamén hai un posicionamento ético –fíxense se non é poliédrica a proposta– que ennobrece cada verso do libro. O máis honroso da relación sentimental sen adoutrinamentos nin excesos. A relación dos namorados que gozan un do outro revitalizando e enriquecendo ao tempo un individualismo cheo de riqueza. Aquí non hai dependencias absurdas, hai xenerosidade e honestidade.
O equilibrio ao que nos referíamos no conceptual e evocativo, vén acompañado dun saber facer formal que o integra todo. Non deixaremos de chamar a atención sobre as cuestión puramente formais dos poemarios por considerar que son fundamentais para que o proxecto sexa completo. Luís Valle sabe dar na tecla da confluencia entre a poética sentimental e filosófica e o continente estrófico. A lectura desta proposta é atraente, interesante, provocativa e garante dunha reflexión íntima a medida que se vai avanzando á fronte das súas páxinas. Recomendación para os lectores clara. Sen dúbida.
Suscríbete para seguir leyendo
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas