Ganduxando o tecido
Destecer o sentido

Dous visitantes, na mostra 'Destecer o sentido'. / Eli Regueira
Destecer o sentido é o título do novo proxecto presentado polo Espazo Cubo (Rúa Doutor Cadaval, 17 B, Vigo), que se pode contemplar até o día 25 deste mes, data en que na clausura da mostra se procederá ao lanzamento de dúas publicación relacionadas coa exposición. O proxecto, que leva o significativo subtítulo de “Prácticas téxtiles na nosa arte actual”, compleméntase cun atractivo traballo editorial, con dous cadernos novos da publicación Tantas imaxes, os números sete e oito, que so o mesmo título afondan no contido do mostrado na sala. O elemento nuclear é o material téxtil e a forma en que este se define en relación ao contexto cultural actual.

Unha espectadora, contemplando a mostra. / Eli Regueira
A exposición ofrece, por medio dunha serie de variados exemplos da utilización do téxtil na arte actual, o traballo de dezasete creadoras de diferentes procedencias e está inserido dentro dun ciclo denominado “BigoVarcelona”. O resultado acaba, na súa totalidade, por ofrecer un enfoque consciente da realidade das “prácticas téxtiles na arte actual”, un mundo que polo seu material remite á memoria da experiencia de vida máis fonda de todas as artistas. O fluxo entre interior -ou sexa, o que está en cuestión é a privacidade espacial e emocional- e exterior -o que está exposto ao público- está representado dunha forma sinxela e de tempo moi elaborada na montaxe expositiva -realizada por Alfons Freire, responsábel da sala-, que dota de coherencia a un conxunto heteroxéneo, creando unha especie de espazo ganduxado.
Os problemas suscitados por este conxunto de obras permiten que percibamos o paso da xustaposición iconográfica até a creación dunha especie de ollar global, representado nos variados traballos das dezasete artistas, como se dunhas modernas “paisaxes do mundo” se trataren.Se nas “paisaxes do mundo” de artistas de comezos do Renacemento podiamos enxergar unha nova percepción global dun mundo, o de finais do século XV e comezos do XVI, que se abría a novas realidades xeográficas, en obras como as que sinalamos, achamos ese ollar conceptualmente cartográfico, que constrúe unha globalidade desde o fragmentario do noso presente sen renunciar á carga estética nin ao desacougo.

Unha das pezas expostas. / Eli Regueira
A síntese conformada polas diferentes obras non pretende tecer un relato senón que o que se produce é que cada obra considerada como fragmento acaba por reforzar o ollar plural do espectador. Somos nós os que podemos “ler” de xeito diverso. A obra individual non é apenas descritiva, senón que baliza e modula unha construción discursiva en que non hai un punto de vista unitario, mais que na súa variedade adquire e adopta unha nova realidade.
Os distintos dos traballos expostos van desde as estratexias esencialmente apropiacionistas que se interesan pola recreación e reutilización de aspectos do obxecto e da imaxe da cultura de masas e da historia da arte até as que desenvolven traballos que teñen como alicerces incisivos ollares sobre a nosa sociedade, en aspectos aparentemente banais e cotiáns que nos fan ver a través do espello do consumo educativo, divulgativo e de lecer trivial, sen renunciar mesmo a lecturas cun tratamento lúdico. Un mundo, xa que logo, variado mais marcadamente acumulativo e metafórico, en que o desacougo pode convivir con sentidos máis gozosos.
Título: Destecer o sentido. Prácticas téxtiles na nosa arte actual. Varias artistas.
Comisariado: Alfons Freire.
Local. Espazo Cubo, Rúa Doutor Cadaval, 17 B, Vigo.
Até o 25 de marzo de 2022.
Destecer o sentido. Prácticas téxtiles na nosa arte actual presenta a dezasete artistas, todas mulleres de distintas xeracións, que se moven na disciplina da arte téxtil desde unha visión conceptual: Dulce Anca, Núria Benet, Maribel Binimelis, Mar Caldas, Elvira Casalta, Isha D´Orlemont, Rebeca Lar, Ruth Lodeiro, Sana López Abellán, María Magán Lampón, Lola Marín, Andrea Mosquera, Marián Núñez, María Ortega, Maite Ortega, Goretti Pascual e Mónica de la Paz (Konaknitting).
A mostra do Espazo Cubo ofrece moi bos exemplos da modificación de sentido e uso que sufriu a práctica artística máis recente, nas últimas décadas, unha transformación radical canto á súa utilización, pasando a unha preeminencia exacerbada dos principios conceptuais. Daquela, as artistas convídannos a un sinestésico cocktail, a percibir as pegadas do vivido nas paredes ou a imaxinar as ligazóns persoais entre as enleadas liñas dos tecidos reutilizados ou elaborados.
O retrato da época que ofrecen preséntasenos moi vivo e nel sentimos a influencia que tivo e ten na construción do noso imaxinario a presenza do tecido, omnipresente na vida e no imaxinario. Pero sobretodo o que se percibe é substrato do cotián, auténtico pano de fondo e grande construtor do imaxinario da nosa vida. Parafraseando a Ezra Pound que dicía que poesía era “palabra cargada de sentido”, a arte devén aquí en “imaxe cargada de sentido”, co material téxtil a balizar o tempo, condensado en cada unha das súas sutís captacións da realidade cotiá.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda