Fértil imaxinación

Co sorriso nos beizos

O título na portada.

O título na portada. / Estro Montaña

Estro Montaña

A escritora nada na Gran Bretaña, Mary Norton (1903-1992), escribiu libros dirixidos a un público infantil e xuvenil que terían sona universal por servir de base para películas de éxito da factoría Disney. Logo de vivir en Portugal e no Reino Unido, Mary Norton emigra aos Estados Unidos, lugar no que en plena II Guerra Mundial escribe A bruxa novata, un libro que salienta pola súa alegría, frescura e sua imaxinación. O libro consta de dúas partes tituladas “O pomo máxico” e “Fogueiras e vasoiras". Falar de vasoiras é falar de maxia e bruxería e, de feito, na narración atopamos unha muller, a señorita Price, que cae ao chan desde unha vasoira, sendo descuberta cunha fea torcedura de nocello por tres irmáns que están pasando as vacacións na campiña inglesa. Os rapaces decántanse de que é unha aprendiza de bruxa e manteñen o segredo coa condición de que lles regale un pomo que poderán enroscar nunha cama e, dese xeito, viaxar no tempo e no espazo. Por medio dese feitizo iniciarán varias aventuras, contadas nun estilo sinxelo, con diálogos ben traballados, e que levan aos lectores a asistir a situacións disparatadas, realmente entretidas e orixinais.

Para os que coñecen as adaptacións de Disney, cómpre dicir que estas non seguen o guión ao pé da letra e lrantexan situacións da II Guerra Mundial que non aparecen no texto traducido para Rinoceronte por Moisés Barcia.

Sen dúbida, A bruxa novata é una narración áxil, de fértil imaxinación, cunha fantasía sorprendente e que se pode ler dunha sentada cun sorriso nos labios. Grazas a libros coma este, a autora puido manter os seus catro fillos.

Libro 3

Portada do libro.

NORTON, Mary, A bruxa novata, (trad. Moisés Barcia), Sushi books, Cangas, 2021, P.V.P. 18€

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents