Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Matemáticas gorentosas

Claro e rigoroso volume

Detalle da portada.

Un bocado ben gorentoso para os especialistas na materia e profanos que queiran mordisquear contidos matemáticos dunha forma amena e gustosa como habería que tomar todos aqueles saberes que a priori suscitan rexeitamento pero que son consubstanciais á nosa natureza e ao que nos rodea. Son quizais abordaxes como a que realiza Paulo González Ogando as que permiten a reflexión sobre determinados fenómenos, acontecementos, manifestacións ou ideas e, por iso, faise cada vez máis necesario achegar o coñecemento de forma que a lenta mastigación, a dixestión e a absorción de nutrientes sexa o máis pracenteira posible; só saboreando ben cada porción asegúrase o deleite e a repetición.

Catro son os capítulos e outros tantos os apartados referenciados que baixo o título de “Paradoxos”, “Entretementos xeométricos”, “As matemáticas da escola” e “A aritmética do reloxo” percorren termos, expresións, aplicacións, figuras, resultados, cálculos ou códigos que empregamos na vida cotiá e dos que descoñecemos a súa orixe ou o porqué do seu uso, pero que forman parte do noso universo. Calcular o día da semana que corresponde a unha data, entender o IBAN das contas bancarias, o ISBN dos libros, afondar no coñecemento dos números primos, achegarse ao funcionamento dun GPS ou saber por que non se pode dividir entre 0 son só algúns dos exemplos que o autor emprega para dende a súa óptica motivar os potenciais lectores a que reflexionen, se interesen ou descubran o atractivo que pode chegar a ser esta “fermosa ciencia”.

A linguaxe clara e rigorosa, a expresión coidada, o ton desenfado e preciso están na base de Bocados matemáticos: un texto, en fin, que posibilita que poidamos responder a algúns dos desafíos do noso tempo.

  • GONZÁLEZ OGADO, P., Bocados matemáticos, Xerais, Vigo, 2022, PVP. 6,64€

Compartir el artículo

stats