Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Roi Cagiao Cineasta

“1972 foi o ano máis relevante da loita galega contra o franquismo”

Tras do éxito obtido por Vigo 1972, sobre a histórica folga xeral na cidade olívica, o vigués Roi Cagiao e mais o seu equipo ultiman a rodaxe de 10 de marzo: un documental sobre as mobilizacións obreiras rexistradas en Ferrol hai 50 anos, e a raíz das cales se determinou que, tal día coma hoxe, se celebre anualmente o “Día da Clase Obreira Galega.”

Roi Cagiao, estes días en Vigo. Eli Regueira

Despois do documental sobre a folga xeral de Vigo, en 1972, está a rodar Vde. outro sobre a folga en Ferrol. Xa tiña previsto realizar estas dúas películas ou a rodaxe do primeira deulle logo a idea de facer esta segunda?

–Realmente, a idea inicial era facer un só documental sobre estes dous feitos, pero decateime de que, se o tivese feito así, non me quedaría máis remedio que darlles un tratamento superficial ou,ao contrario, que resultaría un documental moi complexo, con demasiados entrevistados, no tocante a produción, duración... etc. Daquela, decidín, xa que eu son vigués, rodar primeiro a película sobre a folga de 1972 en Vigo, e por iso empezamos por aí, deixando o do 10 de marzo para máis longo plazo.Pero, como o de Vigo funcionou moi ben, animámonos a rodar o de Ferrol, de tal xeito que ambos veñan formar un díptico sobre o que foi o ano 1972 para Galicia; sen dúbida o mais relevante da loita galega contra o franquismo.

–Non existen moitos documentos audiovisuais sobre aquelas mobilizacións. A que arquivos recorreron para paliar este baleiro?

–En efecto: apenas existen documentos audivisuais;_hai que darse conta de que se vivía en plena ditadura e ao réxime non lle gustaba precisamente que se publicitasen estes aconteceres. Xa que logo, cubrir ese baleiro supuxo un traballo bastante potente. Tivemos que recorrer a determinadas institucións públicas e privadas e incluso a particulares. De entre elas, eu destacaría a Fundación 10 de Marzo, e tamén Navantia, que nos cedeu o arquivo audiovisual de Bazán proporcionándonos un material interesantísimo e practicamente inédito. Tamén quero destacar o traballo do CGAI e, en canto a imaxes relacionadas coa loita na clandestinidade, descubrimos unha serie de documentais de Andrés Linares que nos foron de grande utilidade.

–O documental recolle testemuños de xente que participou nas mobilizacións. Cincuenta anos despois, cal é o denominador común nas lembranzas?

–Unha cousa que me sorprendeu, foi o valor de toda esta xente.: como afrontaron todo o que lles sucedía e como se mantiveron firmes no seu compromiso, ata a fin Outro risco común manifestoumo o que fora concelleiro de Vigo, Carlos Núñez, aínda que se pode xeralizar a todos, e que é o de que non teñen rancor. Foi xente despedida dos seus postos de traballo, presa e torturada ou que se tivo que exiliar para salvar a vida…pero, malia a todo o que sufriron, non gardan un sentimento de revanchismo.

–As persoas que participaron nas mobilizacións, eran conscientes de que podían xogarse a vida ou, ata que o comprobaron, non acreditaban que as forzas da orde disparasen sobre elas?

–Que se xogaban a vida tíñano claro, sobre todo os que militaban en organizacións políticas clandestinas. Pero, dende logo, ninguén esperaba, nin sequera os líderes, que aquel día, aquel 10 de marzo, morrera xente. Aconteceu que cando a policía veu que non podía conter aqueles miles de manifestantes, empezou a disparar indiscriminadamente, causando no só dous mortos, senón tamén ducias de feridos polas balas.

“Ninguén pensaba que a policía ía disparar contra os manifestantes cando mataron a Amador e Daniel”

decoration

–Chegaron a averiguar cales foron as circunstancias concretas das mortes de Amador e Daniel?

–Nin Amador nin Daniel eran precisamente dos cadros destacados, Ambos tiveron moi mala sorte, hai que dicilo.

–En Vigo, o peso organizativo da folga levárono o PCE e Comisións Obreiras. Que presenza tivo o nacionalismo nelas, tanto na folga de Vigo como na de Ferrol?

–O PCE e CCOO foron,efectivamente, os que levaron o peso organizativo en ambos casos, pero nomeadamente en Vigo xa existían partidos como Galicia Socialista (que lideraba Camilo Nogueira), a chamada Organización Obreira (excisión de CCOO) e determinados cadros que ou ben estaban xa ou que acabaron no nacionalismo, como Paco Lores. Digamos que a mobilización de Vigo foi máis plural aínda que, reitero, o maior peso levárono os comunistas.

–Supoño que ao longo da investigación descubriría Vde. cousas daquel 10 de marzo que nunca se contaran. Podería relatarnos algunha que lle chamase moito a atención?

–Hai moitísimas. Por exemplo, nos días posteriores a aquel 10 de marzo,en Ferrol moita xente levou unha garavata negra ou un brazalete de loito, co risco de poderen ser detidos por iso. A verdade é que hai moitas anécdotas, tardaría horas contándoas.

Roi Cagiao en un descanso del rodaje FDV

–Pódese dicir que houbo un antes e un despois en Galicia logo das folgas de Vigo e Ferrol?

–Coido que supuxeron un punto de inflexión, unha sacudida na conciencia social galega. As mobilizacións de Vigo e Ferrol estaban interconectadas, por iso cando se produciron os feitos do 10 de marzo, Vigo parou en solidariedade. E, meses despois, foi cando en Vigo se convocou a folga xeral que durou dúas semanas, algo que non sucedeu en ningunha outra cidade española durante o franquismo.

–Coida que a sociedade galega é consciente hoxe en día da importancia daquelas mobilizacións?

–Non son historiador, pero segundo a miña perspectiva, teño a sensación de que en Ferrol está máis vivo o recordo de todo aquilo. En Vigo, quizais menos, pero tamén teño que dicir que cando proxectamos o documental, creo que contribuímos a que se lembrasen e revitalizasen aqueles feitos. Mais, en xeral, teño que recoñecer que hai un descoñecemento importante; entre outras razóns, porque dende as institucións oficiais tampoco houbo un interese en poñelo en valor. O cal é unha pena, porque non hai que esquecer que, se a maioría dos galegos e galegas somos traballadores e traballadoras, temos o dereito a saber como se foron conseguindo dereitos e liberdades democráticas -que antes non existían- grazas ás mobilizacións dunha xente que foi moi valerosa e que nos deu exemplo a todos. De feito, nas proxeccións que fixemos en centros de ensino de Vigo, comprobamos como a xente xove, despois de sorprenderse, enganchou moi ben coa historia que estabamos a contar.

–Para cando está prevista a estrea de 10 de marzo?

–Para finais deste ano; queremos que sexa aló por outubro.

Compartir el artículo

stats