Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Microhistorias de noso

Fábulas, lendas e misterios

Detalle da portada de "Crónica da Galiza bizarra".

Calros Solla (Pontevedra, 1971) é filólogo, profesor, poeta, etnógrafo e investigador. Membro da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, vén ser o artífice da colección “Cercedo in the Voyager” que xa leva publicado unha vintena de títulos arredor do estudo da bisbarra de Montes. No seu haber figuran tamén a triloxía arredor do río dos Gafos, en Pontevedra e, na liña do volume que hoxe chega ás páxinas de FARO DA CULTURA, resulta ser o autor de A vaga dos pratiños voantes. O fenómeno ovni na prensa galega (1947-1950) editado pola mesma casa -Morgante- que agora tira do prelo este novo volume, Galiza bizarra (1848-1978): ambas entregas forman parte da colección “Solea Scripsit”, todo un ganibete de curiosidades acontecidas no noso país.

Pois ben; estamos diante dun traballo que reúne, ao logo de 120 anos, un total de 125 microhistorias que incluén noticias verbo de sucesos fabulosos, misteriosos, sorprendentes, abraiantes... que aparecen nas páxinas da prensa galega durante toda esa xeira.”A enferma de Gondar”, “O predicador de Lamas”, “O ovo galego”, “Picadela pezoñenta”, “Cadáver desaparecido”, “Os trasnos do Rego de Auga”, “O fenómeno do gabineta do doutor Barbeito”, “A marqusiña Inés”, “A conversión de Barrabás”, “A cartuxeira da rúa da Florida”, “A montaña andante”... velaí, entón, algúns dos títulos destes curiosos, extraños, desconcertantes... aconteceres que foron dar nas páxinas das publicacións aparecidas nas catro provincias galegas -El Áncora, El Diario de Pontevedra, El Progreso, El Regional, , Revista Galaica..- e tamén no mundo da emigración americana: La Tierra Gallega, Aires d´a Miña Terra ou El Eco de Galicia. Sen dúbida, unha moi simpática aportación pola que cómpre enviarmos a Calros Solla os nosos parabéns.

  • SOLLA, Calros, Crónica da Galiza bizarra, Morgante, Cangas, 2022, PVP. 19€

Compartir el artículo

stats