Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xogos de noso

Pola práctica do patrimonio lúdico

Un momento na celebración da Liga Nacional de Billarda. Na imaxe pequena: nenos facendo bailar as buxainas.

O tacatá, o muíño de auga, a zoadeira, as chapas, a porca, a buxaina, o muíño de mesa, as apandas, a cadea, o carriño de nabo, a carraca, os tirapedras, a mariola, os birlos, a cucaña, a carrilana, os pelouros, os tres pés, o puño puñete, a chave,… son algúns dos nosos xogos tradicionais que non foron caer no esquecemento neste noso mundo.

cada vez máis dixital e virtual, grazas á tarefa de investigación, conservación e recuperación realizada en moitos casos por asociacións culturais diversas e mesmo tamén por persoas que os mantiveron vivos, simplemente xogando.

Juego de A Cocha.

Juego de A Cocha. Consello da Cultura

Para colaborar con este labor de mantemento do patrimonio e lograr que os xogos non deveñan en pezas de museo, que se manteñan vivos e presentes e que nos permitan aprender e disfrutar, o Consello da Cultura Galega e mais o Observatorio do Patrimonio Lúdico veñen de pór en marcha a web xogostradicionais.consellodaculturagalega.gal e tamén a aplicación, dispoñible para IOS e Android, Xogos tradicionais. Nelas recóllense indicacións para xogar a un grupo importante destes xogos, aos que se pode acceder clasificados por idades, obxectivos ou tipos, cunhas fermosas ilustracións e nalgúns casos con vídeos explicativos. A idea é que se convirta nunha ferramenta útil, para” poder consultala e botarse a xogar”, segundo as verbas do voceiro Paco Veiga.

Xogos de noso

A este respecto cómpre sinalar outras iniciativas importantes no feito de recuperación de xogos tradicionais, como por exemplo a Liga Nacional de Billarda, insertada na Federación galega de Deporte Autóctono. Este xogo precisa de dous paus, un de maior tamaño e outro máis pequeno, a billarda, para que, ao golpealos, a billarda salte e vaia caer o máis lonxe posible. A idea da Liga xurdiu nos primeiros anos deste século na Mariña luguesa e hoxe en día practícase nas catro provincias galegas, organizada en tres conferencias: Norleste, Noroeste e Rías Baixas, en formato de liga aberta onde calquera persoa se pode incorporar cando o desexe. Destas conferencias saen unha serie de clasificados que participan na Final.

De izquierda a derecha,Barreiro, Rosario Álvarez, Paco Veiga y Manuel Gago, ayer. CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A maiores podemos falar doutras moitas asociacións, redes e colectivos que están interesados tamén na protección do noso patrimonio lúdico, coma a Asociación galega do xogo popular e tradicional, integrada na Asociación europea do xogos e deportes tradicionais, que organiza con regularidade encontros, conferencias, boletíns, xornadas lúdicas,… Son eles os que desde a súa páxina web nos lembran a importancia do xogo como unha necesidade vital dos seres humanos e como grazas a eles logramos apropiarnos do mundo, coñecelo, integrarnos nel e deleitarnos con el.

A historia da recollida e recuperación dos xogos populares en Galicia ten unha serie de nomes propios inesquecibles. Os primeiros estudos de carácter antropolóxico deixaban de lado esta parte tan importante da nosa cultura por ser considerada coma un aspecto de pouca entidade. Atopamos algunha referencia en Fr. Martín Sarmiento, no século XVIII, que recolle nomes de xogos nas súas estadías na nosa terra. Teremos que agardar a Marcial Valladares e a José Pérez Ballesteros, máis dun século despois, para atopar os primeiros estudos sobre xogos de nenos. José Casal será pioneiro na recollida de xogos na súa cidade natal de Pontevedra. O estudo dos xogos populares terá o seu período de auxe coa Xeración Nós, o Seminario de Estudos Galegos e a Revista Nós, onde xentes coma Fermín Bouza Brey, Xurxo Lourenzo, Ramón Martínez López, Vicente Risco, Ben-Cho-Shey, entre outros, adicaron artigos e monografías aos divertimentos infantís. Xa no último cuarto do século XX, ditoes estudos volveron retomarse e a partir de aí a intención non será unicamente recoller senón reimplantar os xogos e mantelos vivos.

O xogo é un dos elementos que mellor amosan a cultura dun pobo. A través deles expresamos os nosos valores, desexos e maneiras de estar no mundo; desenvolvémonos fisica e intelectualmente; transmitimos normas morais e regras culturais... As cancións, os costumes, a linguaxe e as regras dos xogos din moito do mundo no que vivimos. Conservar e protexer o noso patrimonio lúdico axudaranos a entendernos mellor a nós mesmos.

Compartir el artículo

stats