Os nervios da luz
Indagando o aire dos tempos

Portada de "Intimidación", del Colectivo Maiakovski. / Oriana Méndez
Oriana Méndez
Chega Intimidación, asinado polo Colectivo Maiakovski, un libro-poema que se inaugura cunha cita de Carlos Lema: Intimida non dar previsto o que vai acontecer. E aí rematan os nomes propios que distinguen calquera autoría. Séguelle un Manifesto que nos devolve ás Vangardas do século XX, cunha premisa final: “O Colectivo Maiakovski renega do optimismo, mais afúndese no esperanzado”. Atopamos unha oda maiakovskiana que ten catro movementos e dúas codas, así coma un vídeo-poema ao que se accede mediante un código QR. Para pechar, fáisenos un “último apuntamento” que non queremos deixar de traer: Ao longo do poema Intimidación / botouse man de forma intertextual // de múltiples versos / de Vladimir Maiakovski // Convertendo deste xeito / ao bardo de Baghdati nun membro / máis do propio colectivo. E así volve a maré das Vangardas á praia da poesía galega, hipertexto que facemos onde os versos Máis Alá e o encontro co inesperado sempre foron e son proa e Ronseltz.
Parafraseando ao profesor X. M. Beiras, este non é un país de vacas con poetas máis mansos cás vacas, sen desmerecer os bois na choiva de Díaz Castro. Intimidación indaga o aire dos tempos / que corren sen permiso / e nos arromban. É tamén a voz suplicando que non marchen os paxaros, mentres se pregunta se o mundo é insalvable. Trae un alento dos devanceiros –para Manuel Antonio, lembremos: aqueles que merecen todo respecto fronte aos vellos, aqueloutros que escreben hoxe coma se vivisen no antonte dos séculos– da man de Maiakovski e mais do “poeta punk de Monforte de Lemos”, con esperanza diante do porvir porque do pasado / só quedan as tristezas / proxectándose / entre os silencios da roseira.

Portada de "Intimidación", del Colectivo Maiakovski.
COLECTIVO MAIAKOVSKI, "Intimidación", Xerais, Vigo, 2021,PVP. 11,88€
Suscríbete para seguir leyendo
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda