Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rigor e minuciosidade

Unha nova entrega de Redondela

Detalle da portada do Boletín do Seminario de Estudos Redondeláns.

Desta volta SEREN vén de publicar o seu boletín nº 8 correspondente aos anos 2018-2020 e como xa é costume a rigoridade e minuciosidade das colaboracións presiden cada un dos nove artigos que o conforman.

Logo do Limiar, a cargo de Xosé Carlos Valle Pérez e no que se nos ofrecen pinceladas do que imos ler, asistimos á explicación de feitos tan variados como ‘O señorío de Cedeira entre os séculos XVI e XIX’ no que se fai un repaso das particularidades e peculiaridades tanto do espazo como das construcións e dos seus moradores ao longo do tempo en consonancia coa época histórica que lles tocou vivir; unha visión histórica e real da batalla de Rande librada en plena ría; unha ollada a determinadas pezas patrimoniais herdeiras dos antiguos leguarios que hoxe son recoñecidos como algo único e singular no termo de Redondela; unha extensa análise do marco educativo na vila de Redondela e no municipio no século XX no que se dá conta da implantación de unidades, escolas, profesorado, alumnado, ideario e leis de educación que se implementaron ao longo do devandito século ata unha Caracterización Xeral da Fala redondelá, onde Teresa Monteagudo aproveita para explicar e exemplificar os trazos máis destacados do sistema lingüístico propio da zona nos planos fonético e morfolóxico e que permite incluír dita fala no bloque occidental, na subárea do Verdugo e microsubárea Redondela-Mondariz pasando por unha referencia eloxiosa e afectiva de ilustres persoeiros que dalgunha forma estiveron vinculados coa vila como o doutor Nóvoa Santos ou a mestra Paulina Sánchez, así como unha aproximación ao Proxecto de aeroporto marítimo nacional en Cesantes.

Redondela é unha vila rica en historia, cun pasado social e político que paga a pena poñelo de relevo, cun presente que bebe da tradición e que se supera día a día e un futuro prometedor que atopa no Seminario de estudos Redondeláns uns colaboradores de altura.

  • VV.AA., Redondela, Boletín nº 8 2018-2020, Seminario de Estudos Redondeláns SEREN, 2021, S/P

Compartir el artículo

stats