Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Deliciosa ficción

Recreando Mozart

Deliciosa ficción

Desta volta Fina Casalderrey pon a súa pluma ao servizo do coñecemento para recrear a figura dun dos persoeiros máis representativos da historia da música de todos os tempos coa finalidade de que o lector mozo disfrute dun texto ficcionado con detemento e detalle saboreando tamén pinceladas do seu legado cun CD que recolle a Integral dos Cuartetos para frauta e trío de cordas de W. A. Mozart con temas tradicionais galegos no que se deu en chamar ‘Mozart á galega’ interpretado pola frauta travesa de Luís Soto, o violín de David García, a viola de Ioana Ciobataru e o violoncello de Millán Abeledo e que agora Edicións Xerais inclúe xunto co volume que vén de publicar baixo o título O xenio da Cidade do Sal.

Dúas son as partes en que Casalderrey divide o texto. Na primeira, tras unha Carta do protagonista para ti na que se presenta Xoán -Wolfgang Amadeus Mozart-, coñecemos como era de cativo, onde vivía, que facía, a súa vida en familia e algunha que outra excentricidade máis e na segunda, tras unha Carta do protagonista á narradora, sabemos das supostas andanzas do austríaco por terras galegas.

Imaxina a mestra unha deliciosa ficción na que concibe unha viaxe máxica a lombos dun cabalo alado no que a nobreza, a intelixencia e a sensibilidade atribuída ao equino se prolonga ata o xenio conxugando as palabras saber e sabor, as dúas coa mesma raíz -‘ter bo gusto’, ‘degustar’- e as dúas para ofrecer ao lector una sorte de universalización da cultura, onde os pobos son suxeito e obxectodo deslumbrante desenvolvemento humano, de modo que, de ser ben entendido, xorde una riqueza extraordinaria nacida do intercambio e da interacción.

A riqueza cultural se é compartida é dobre riqueza.

CASALDERREY, Fina, O xenio da Cidade do Sal (Ils. Xosé Cobas), Xerais, Vigo, 2021, PVP. 12,49€

Compartir el artículo

stats