Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cultivar as raíces

Unha historia vital

A nena lectora.

En apenas corenta páxinas condensa Manuel Rivas un retallo de historia nun volume da colección “Pequena Memoria” de Edicións Xerais de Galicia que permitirá que os cativos aprehendan a importancia do cultivo das raíces, que entendan os sacrificios que xeracións anteriores fixeron por termos o estilo de vida actual, que comprendan as consecuencias das ideoloxías e formas de pensar acerca do que nos rodea -a política, a vida, o mundo-, que interioricen que eles forman parte da gran corrente da historia humana, do proceso que se iniciou hai miles de anos e que continúa na actualidade, de modo que co coñecemento poidan desenvolver o pensamento crítico e as habilidades precisas para a análise da actualidade e actúen en consecuencia. Se ademais os acontecementos tiveron lugar no seu entorno máis próximo, aumenta quizais o interese pola narración.

Situámonos a comezos do século XX na cidade de A Coruña, Nonó lembra a súa nai cando escoita fretar un misto e ve que nace lume da pequena variña de madeira, porque era na Fábrica de Mistos, símbolo de solidariedade na que as traballadoras se organizaron para mellorar as súas condicións de vida, onde Leonor desenvolvía a actividade laboral e onde, máis tarde, a rapaza se converterá na nena lectora achegando unha pinga de esperanza como antes fixera coa súa nai doente. A palabra e as palabras convertidas en instrumentos capaces de transmitir alento e ilusión alí onde impera a esixencia e a explotación.

Ficcionar a historia e permitir que a narración flúa entre a realidade e a recreación nunha sorte de alternativa ao modelo de mundo real, fai que o escritor poida construír una historia vital como a que efectivamente recupera una voz silenciada que paga a pena coñecer.

A nena lectora.

A nena lectora.

RIVAS, Manuel, A nena lectora (Ils. Susana Suniaga), Xerais, Vigo, 2021, PVP. 15,75€

Compartir el artículo

stats