O tempo do medo
Con longo alento

Aspecto da portada de "As vaidosas agonías". / Oriana Méndez
Oriana Méndez
As vaidosas agonías, sexto libro de poesía de Xurxo Alonso, resultou gañador do IX Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Súmase este recoñecemento do Concello de Fornelos de Montes a outros moitos que xa recibiu a poesía do autor. Xurxo Alonso é, ademais, un destacado pintor no ámbito da paisaxística deconstruída e conceptual en que abrollan os azuis máis intensos.
Deste libro cómpre destacar a habelencia do poeta no manexo verso longo, culto, con forte ambición estética e coidado da lingua. Coincidimos co tamén poeta Xerardo Quintiá, que asina o prólogo, en que nos encontramos diante dun só poema de longo alento estruturado en corenta e dous fragmentos nos que o eu lírico se expón diante dos vestixios dun mundo en descomposición mentres, se cadra, outro xa non vaia nacer máis. Porque aquí se encontra un dos rexistros máis espidos do confinamento que vivimos en 2020, con referencias directas: Estamos confinados nos mausoleos domésticos. / Aquí onde cristaliza o descoñecido como materia inexplicable ou A silenciosa oblación das avenidas quedou ao coidado dos paxaros. Valéndose de coidadosas imaxes e oníricas -Vin os rebentos irisados das oseiras, a esvelteza dos fungos das lagoas-, o eu lírico testemuña a época que nos atravesa tamén dende o futuro, dende o que dirán. O que pasou en retrospectiva: Segundo os arquivos atopados, / no ceo aberto de luz había paxaros buscándonos, / había rúas con sombras sen dono, / negocios extinguíndose cos crepúsculos, / e futuros atrapados entre gromos de esperanza.
Pero non só estamos diante dun documento poetizado. As vaidosas agonías son, sobre todo, a descrición expresiva e subxectiva dunha realidade telúrica e mesmo distópica que nos arrodea. É a perplexidade que nos asalta ante o feito extraño da existencia mesma, sexa polas novas formas de vida derivadas de afrontar unha pandemia, sexa por mor das pandemias interiores das que non adoitamos falar nin sequera na nosa voz íntima alta. Exploramos o tempo do medo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina