Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Autómatas e bárbaros

Espléndida distopía

Ilustración da cuberta de "Un espléndido mundo novo".

En 1932, Aldous Huxley publicou unha das novelas de máis sona do século XX: Un espléndido mundo novo. O título procede dun verso de Shakespeare e o relato anticipa moitas características do momento actual: clonación, globalización, a industria do ocio como elemento narcotizante…

A acción transcorre en Londres en 2540, o ano 632 despois de Ford. Todos os seres son felices nun Estado mundial que consegue a estabilidade social grazas ás drogas, o consumo, o entretemento, os grandes avances tecnolóxicos e a aniquilación dos sentimentos e das emocións. Todos os individuos están programados por un Departamento de predestinación social. A cruz foi sustituída pola T dun modelo de automóvil Ford, e os personaxes adoran a Ford como a un novo Mesías. Bernard Max, -do que se rumorea qué é froito dun erro de laboratorio--, membro da caste máis elevada, é unha excepción, xa que sente a necesidade de liberarse dunha sociedade na que a promiscuidade sexual e as relacións superficiais son elementos básicos. A visita a unha das poucas reservas salvaxes nas que aínda rexen os principios dunha sociedade pretérita fainos ver o contraste entre un mundo sen libros, relixión e historia, no que a xente vive ata os 60 anos con aparencia xove nunha continua adolescencia, cunha realidade onde existen a fealdade, a vellez e os sentimentos, porque esa sociedade non é perfecta. Porque o certo é que Huxley ponnos diante do espello os autómatas e os bárbaros, o porvir dun mundo perfecto cargado de pesadelos, pero tamén a sociedade de onte e de hoxe coas súas carencias.

Un espléndido mundo novo é unha obra altamente recomendable. Xunto con 1984 de Orwell, pode considerarse a novela máis recordada de fabulación dunha sociedade utópica e perfecta entre as do século XX.

  • HUXLEY, Aldous, Un espléndido mundo novo (trad. Alejandro Tobar), Kalandraka, Pontevedra, 2021. PVP. 18€

Compartir el artículo

stats