As dúas caras danegritude
No despertar de África

Imaxe do porto de Dakar (Senegal). / Joaquim Ventura
O Premio Goncourt 2021 foi concedido a Mohamed Mbougar Sarr (Dakar, Senegal, 1991), o primeiro africano en obtelo. Xusto hai cen anos a novela Batouala, do guaianés René Maran, gañou este premio e a opinión pública francesa ficou desconcertada por tratarse do primeiro escritor non branco galardoado con tal distinción. Residente coa súa familia en Gabón, a novela era unha reflexión sobre o colonialismo en África.

Mohamed Mbougar Sarr. / Joaquim Ventura
Anos despois, cando París acollía estudantes das elites africanas e caribeñas, dous condiscípulos do Liceo Louis-le-Grand, o martiniqués Aimé Césaire e mais o senegalés Léopold Sédar Senghor comezaron a reflexionar sobre o concepto de negritude; é dicir a necesidade de descubrir a identidade colectiva africana tanto dos descendentes de escravos como dos daquela colonizados, fronte á dominación branca e á asimilación causada pola cultura metropolitana. Para tal obxectivo tiveron unha plataforma na revista "L’Étudiant noir", dos estudantes martiniqueses en París na década dos 30. Con eles colaboraron o guadalupano Guy Tirolien e o senegalés Birago Diop, tamén co obxectivo de eliminar o clanismo inherente aos negros.

Wole Soyinka. / Joaquim Ventura
O goberno colaboracionista de Vichy eliminou a relativa integración das elites afrofrancesas na administración colonial a prol dos crioulos brancos. Contra tal situación, Aimé Césaire colleu un compromiso político de esquerdas e autonomista e obtivo acta na Asemblea Nacional ata 1993. En 1948 publicou Antoloxía da nova poesía negra e malgache, prologada por J. P. Sartre. Porén, esta non viña ser a primeira literatura francesa feita por escritores negros. Desde o momento anterior á independencia de Haití (1804) xa houbo unha literatura militante a prol da identidade de raiceiras africanas, comezando polas memorias do heroe nacional F. D. Toussaint-Louverture e os escritos de Julien Raimond.
No século XX Jean Price-Mars coñeceu, cando estudaba en París, a condición inferior á que se vía sometido; diplomático en Washington, coñeceu a vida dos negros americanos, o que motivou que collese un compromiso e así presidiu o Primeiro Congreso de Escritores e Artistas Negros (1956) e a Sociedade Africana de Cultura. Price-Mars acuñou o concepto de “bovarismo”, é dicir a identificación da elite mestiza haitiana coa parte europea da súa ascendencia, como tamén sucedía na veciña República Dominicana, orgullosa da súa herdanza española. Mentres, na zona oriental de La Española, o nacionalismo antiespañol relegou o compoñente de raiceiras africanas. Unha situación agravada -segundo o profesor Carlos Andújar- durante a ditadura de Trujillo, cando se acentuou o odio a Haití, o que supuxo tamén un menosprezo pola poboación negra, maioritaria. Tanto que as tres manifestacións declaradas Patrimonio da Humanidade teñen orixes africanas.

Léopold Sédar Senghor. / Joaquim Ventura
En Cuba, segundo Omer Freixa, mantense un racismo latente que leva a que moitas persoas oculten a súa condición negra. Malia a revolución de 1959, non hai leis contra o racismo, circunstancia que impide calquera tipo de denuncia. As manifestacións musicais de orixes africanas son consideradas folclore e o réxime chegou a ameazar a un membro da Cofradía da Negritude tras enviar unha carta aberta ao Consello de Estado en 2019.
No caso do Brasil, as manifestacións africanas están tan presentes que a vindicación case non resultaría necesaria. Aínda así, conta co Museo Afro Brasil de São Paulo, obra de Ó. Niemeyer, que ten a maior colección americana sobre a cultura e mais a arte de afrodescendentes. Cando se celebrou o Mundial de fútbol, dedicou unha exposición a importancia dos xogadores negros na conformación da identidade brasileira.
Indo a África, unicamente un escritor negro obtivo o Premio Nobel, o nixeriano Wole Soyinka. As literaturas africanas seguen a empregar as linguas chegadas co período colonial e son excepción os que utilizan unha lingua local, como sería o keniano Ngugi wa Thiong’o, escritor en kikuiu. Con todo, defende o plurilingüismo (“osíxeno”) fronte ao monolingüísmo (“monóxido de carbono”) pero é contrario á hexemonía das linguas coloniais fronte ás maternas.
O concepto de negritude, especialmente concibido verbo ou desde as poboacións colonizadas, ten unha eiva: ser a imaxe dos africanos reflectida no espello dos brancos. A colonización foi posible -como sucedeu co exterminio dos pobos indíxenas nos Estados Unidos- pola diferencia técnica e de desenvolvemento verbo dos colonizadores.
Unha circunstancia que cómpre salientar, a efectos da creación e transmisión cultural, é a condición ágrafa dos pobos negros africanos (aos que non pertencen os etíopes no seu conxunto, que de sempre empregaron a escritura amhárica). Este feito provocou que o acceso dos africanos á escritura se fixese coas linguas dos colonizadores, especialmente francés, inglés e portugués, coa alienación cultural (por supostamente superior) que comportaba.
Apelar aos valores africanos non deixa de ser unha trampa. Porque seguindo aquela máxima hobessiana de que o home é un lobo para o home (velaí o Holocausto, a ditadura dos khmeres vermellos ou as guerras balcánicas), en África houbo traxedias como a matanza de tutsis a mans da minoría hutu en Ruanda e Burundi.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina