Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Profecía de Bernardino

Epístolas para a memoria de noso

Da man do profesor e colaborador de FARO DA CULTURA Héitor Mera -especialista na vida e obra do autor cangués sobgre o cal levou a cabo, entre outras aproximacións, unha tese de doutoramento (a primeira que se leu en lingua galega na historia da UNED)-, vén de presentarse nas nosas librerías o volume titulado Cartas de Bernardino Graña que, dentro da colección “O ensaio”, presenta a editorial Morgante.

Recentemente galardoado -na modalidade de Letras- co Premio da Cultura Galega, Bernardino Graña (Cangas, 1932) é, sen dúbida, un dos nomes máis destacados no conxunto da literatura galega contemporánea, en xeral, e no eido da poesía, en particular. No seu haber podemos citar todo un ronsel de títulos importantes, tales, entre outros, Profecía do mar, Se o noso amor e os peixes..., Himno verde, Acendede as almenaras ou Ser auga, darse en auga que recolle o seu labor lírico entre 1958-2008. Unha dedicación á cal Graña vén sumar aínda esoutras do teatro -Vinte mil pesos crime, Os burros que comen ouro nunca cabalos serán-, da narrativa -Fins do mundo, Medre o mar!- ou da literatura infanto-xuvenil, velaí Oso mimoso, Contra o león covarde, Son un pasmón peatón ou Curros Enríquez e os gansos.

Membro do grupo Brais Pinto, actual presidente de honra da Asociación de Escritores Galegos, Bernardino Graña foise relacionando ao longo do seu percorrido vital e literario con outros nomes sobranceiros nas letras galegas. Deste xeito, o volume que asina Héitor Mera recolle todo un material de cartas entre o poeta cangués e personalidades como X.L. Franco Grande, X.L. Méndez Ferrín, Manuel María, Ramón Piñeiro, Miguel Torga, F. Lázaro Carreter ou G. Torrente Ballester, entre outros.

MERA HERBELLO, H., Cartas de Bernardino Graña, Morgante, Cangas, 2021,PVP. 16,15€

Compartir el artículo

stats