Medre a memoria
Unha poderosa homenaxe

Aspecto da portada de "O regreso de Vítor Sánchez". / Oriana Méndez
Oriana Méndez
Descendentes do Delegado Civil de Cangas / do Administrador de Correos / do Xefe Local da Falanxe Española das JONS / descendentes do Comandante do Posto da Garda Civil / descendentes dos que tomaron terras que non lles pertencían / descendentes dos que sorberon fel para cuspir. // Somos o tremor de agosto. Así falan os versos de Xabier Boubeta (Cangas, 1967) neste seu primeiro libro de poesía, O regreso de Vítor Sánchez, no que ergue unha homenaxe aos mestres da República fusilados durante os primeiros meses da guerra e, por extensión, a toda a veciñanza cruelmente represaliada polo terror do bando insurrecto. Vítor Sánchez foi Víctor Sánchez Mártil, natural de Hervás, Cáceres, mestre destinado na Escola de Coiro e fusilado en setembro do 36. Sentirán a febre porque emana dos versos deste libro a calor daquel verán sanguinario. Percute a memoria dos que non son nomes protagonistas e agora quedan rexistrados nas letras da poesía galega. Imposíbel, por outra banda, non lembrar Xohán Carballeira ou Carmen Pesqueira, A Capirota, entre tantos inocentes defensores da liberdade que foron axustizados no Morrazo.
De certo, a temática da Guerra Civil converteuse xa nun lugar recorrente da nosa novela -Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro, segue a ser referencial e ineludíbel-, pero non é habitual consagrar un libro de poemas a este acontecemento. Rara avis que non se permite caer no panfleto, que coida a linguaxe e mantén a súa tensión chamando a atención sobre a beleza que ela mesma crea. Neste reconto de horrores, desprégase a poesía: Enmudece máis firme o aire en cada aurora / cando amence / no cárcere provisional de Cangas.
Poderosa homenaxe que celebramos como tamén farían os homes e mulleres de Cangas que combateron a longa noite da guerra e da ditadura e que hoxe xa non están, pero sempre estarán connosco, por exemplo: Carmen Graña Penedo, costureira de profesión e loitadora antifranquista; José Chapela “Chimé”, Xosé Manuel Pazos Varela, alcaldes.
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- «Premios» contra el absentismo: la industria gallega pacta pluses de 2 euros al día o 700 al año por no faltar al trabajo
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Vecinos de Ons paralizan los primeros desembarcos del día en protesta por no poder celebrar su fiesta
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia