Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ameno e desenfadado

Para compartirmos sentimentos

Os textos rimados resultan sempre atractivos para os cativos que, seguindo a cadencia marcada pola música, interiorizan rutinas necesarias para o seu desenvolvemento integral e para a súa adaptación ás tarefas da vida cotiá. Tamén a escolla de animais como personaxes principais devén substanciosa para a construción de contos que dalgunha forma achegan coñecemento e amosan un comportamento a imitar ou a rexeitar.

Os ratos ocupan a escola cando os nenos xa non están, xogan, cóanse nas aulas, fan exercicio no ximnasio, tocan instrumentos e trastean na cocina ou divírtense con pintura na aula de plástica. Mais sexan os roedores ou o espírito dos alumnos, o certo é que Xosé Manuel González “Oli” presenta dunha forma amena e desenfadada as actividades que os escolares realizan e coa que pronto se identifican os destinatarios de tales labores que, animados polo entusiasmo co que os ratos se desenvolven, non dubidarán en percibir as excelencias que a escola/colexio ofrece. E é que se algo ten de positivo a distancia que marcan personaxes atractivos dende o punto de vista da súa concepción é a capacidade de crear un universo de ficción fantástico que asenta as súas raíces na realidade pero que nos sitúa na fantasía, precisamente onde todo é posible: saír pola xanela, rubir árboles en patinete, xogar coa vaixela ou bañarse en pintura e a partir de aquí lanza a mensaxe: os animais/ratos poden ser bos compañeiros de aprendizaxe e pódennos axudar a comprender a realidade e mesmo facer que se empatice coas súas vivencias.

Pola súa parte, a proposta plástica que realiza Natalia Colombo prende pola expresividade das imaxes, polo divertido colorido e por permitir a identificación con alguén co que compartir sentimentos.

Ratos na escola.

GONZÁLEZ “OLI”, X.M., Ratos na escola (Ils. Natalia Colombo), Kalandraka, Pontevedra, 2021, PVP. 12,35€

Compartir el artículo

stats