Na procura de horizontes novos
O descoñecemento do pasado recente

Detalle da portada de "O cemiterio de barcos". / Pilar Ponte
Pilar Ponte
O cemiterio de barcos, a nova entrega do vigués Francisco Castro publicada na colección de literatura xuvenil “Costa Oeste” de Galaxia, e asemade nos outros tres idiomas oficiais do estado como xa fixera cos últimos títulos, trae como tema central o amor romántico, os malos tratos e sometemento das rapazas ao patriarcado en pleno século XXI.
Mais esta só é a primeira ollada da novela, pois nela trátanse moitos outros temas como a relación entre pais e fillos, a importancia da lectura centrada na xente nova ou a amnesia ou mesmo descoñecemento do pasado próximo relacionado coa xustiza social para coas vítimas do réxime do 36.
A historia entre os dous rapaces protagonistas transcorre durante un verán, na aldea do Con da Saínza. David, un rapaz de 16 anos, non quere ir de vacacións co seu pai divorciado á aldea onde pasaba cada verán da infancia feliz cos seus pais. Agora a aldea seméllalle o lugar máis espantoso e atrasado do mundo. Mais neste verán diferente coñecerá a Lucía, unha rapaza atrapada nunha relación tóxica de amor romántico e maltrato.
O autor xoga cos xéneros textuais e entre os capítulos narrados aparecen de cando en vez follas dun diario onde Lucía relata a súa relación con L (Lito) e descubrimos o maltrato psicolóxico. De xeito involuntario, David vai axudar a Lucía a decatarse da situación na que se atopa. A obra ofrece outra trama en paralelo relacionada cun estaleiro abandonado da aldea ou “cemiterio de barcos” e unha enigmática personaxe que lles vai cambiar a vida. Onde noutrora un estaleiro construía barcos hoxe loce un gran cartel dunha promotora anunciando unha urbanización en primeira liña. Os rapaces descubrirán un segredo e a novela de amor que comezamos a ler convértese de súpeto nunha historia de aventuras trepidante.
Castro, como é habitual nel, ofrécenos unha historia de adolescentes con problemáticas reais e actuais. Nesta ocasión, ponos en contacto co coñecemento do pasado na procura de xustiza social e do esclarecemento da memoria histórica para as vítimas da etapa fascista en España, algo en moitos casos “marciano” para os rapaces do mundo das pantallas.

Na procura de horizontes novos / Pilar Ponte
CASTRO, Francisco, O cemiterio de barcos, Galaxia, Vigo, 2021. PVP. 16,05€
Suscríbete para seguir leyendo
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?