Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Longa época de infamia

Unha novela comprometida

Portada de "O baile dos estorniños".

Xabier Quiroga é un narrador de longo percorido na narrativa galega desde que no anos 2002 fixese o seu debut con Atuado na braña. Viría logo un monllo se pezas ficcionais como Era por setembro, O Cabo do Mundo ou Zapatillas rotas. Con O baile dos estorniños Xabier Quiroga por cabo a súa triloxía da Ribeira Sacra da que forman parte O Cabo do Mundo e Izan o da saca. Unha investigación histórica na que mestura realidade e ficcción e certas investigación detectivescas. Na novela conflúen ademais dous delongados planos narrativos para artellar unha historia intensa, case sen fin: a década dos anos trinta e corenta do paseado século e as investigacións efectuadas no tempo presente.

A trama desenvólvese no señorío de Tor, un lugar moi ben situado nas terras da Ribeira Sacra, e noutros lugares de Galicia e España. O incipit da novela e o que lle fixo saber ao narrador un aleuto ancián sobre un roubo que tivo lugar en xuño de 1935. A novela, porén, semella escrita por un afamado escritor con problemas cardíacos ao que por veces acompaña o Reina, o taxista que exerce de detective indo por libre.

O baile dos estorniños é un longuísimo relato que nos fai ver canta miseria hai no mundo real. Afastándose de calquera inclinación épica, o autor pretende contar canto aconteceu nas avesías terras do sur da provincia de Lugo en boa parte do século vinte e a súa repercusión no presente. E faino mergullándonos nun amplo mosaico onde se algo destaca son as vilezas, as ignominias da Guerra, a barbarie tola a corrupción, mesmo moral, de militares e falanxistas. Non lle cómpre falar da carnicería da Guerra e, cando o fai, describe a repercusión da contenda tal como foi vivida nas vilas galegas polos poderosos e os humildes. A brutalidade ceibándose nos que pensaban doutra maneira, seres libres, humildes, pero indefensos. Enfrontamentos entre o pobo que quería vivir ceibe e as ameazas e brutalidades dos falanxistas: cativeza, remorsos, amores fanados, moitos clandestinos, segredos, preñeces non queridas nin consentidas, pulsións sexuais irrefreables, as discusións familiares, a triunfal exhibición dos gañadores, as penalidades dos fuxidos no monte, traicións impulsadas por inconfesables apetencias sexuais - unha formas máis de relacións de poder-, ocasionais alusións a Castelao que agoniza en Bos Aires... Trátase dunha novela cunha estrutura non lineal, con algunhas secuencias sobexas que fan deste un interesante pero inacabable relato. Mais para alén de todo isto, unha novela política, comprometida humildemente coa realidade, coa historia, que toma partido polos humildes, polas vítimas, entre eles as rapazas violadas ou os bebés acabados de nacer roubados.

QUIROGA, Xabier, O baile dos estorniños, Xerais, Vigo, 2021,PVP. 23,90€

Compartir el artículo

stats