Entrevista | Xurxo Martínez e David Rodríguez Autores de Marxes. Guía ilustrada do Vigo Rebelde
“Queremos que se recoñeza o Vigo cultural e obreiro”
"Queremos que a xente recoñeza nas rúas e prazas a memoria popular, da sindical á cultural"

Xurxo Martínez González e David Rodríguez Rodríguez. / Lourdes Varela
–Como xurdiu a idea de faceren este libro, con esa estrutura tan orixinal que combina textos literarios con fotografías?
–DAVID: A idea xurdiu hai bastante tempo, inspirada nunha web de Mataró, na que se contaba a historia das clases traballadoras locais. Cando Xurxo e mais eu estabamos no colectivo “A Nave das Ideas “, pensamos facer algo semellante, pero a idea non se materializou. Tempo despois recuperámola con este formato a medio camiño entre literatura, ensaio, libro ilustrado e guía urbana.
"Queremos que a xente recoñeza nas rúas e prazas a memoria popular, da sindical á cultural"

Xurxo Martínez González, en una entrevista para FARO en 2017 / Eli Regueira
Cal é o obxectivo desta “guía do Vigo rebelde”?
–XURXO: Queremos que a xente recoñeza nas rúas e prazas a memoria popular, da sindical á cultural. Somos unha cidade cunha microhistoria obreira, labrega ou intelectual sometida ao oficialismo dos grandes poderes. Nomes como Gómez Román, María Araújo ou Heraclio Botana tiñan que ocupar espazos centrais. Por exemplo, ela loitou até conseguir o seguro de maternidade e Botana liderou a moblización contra a explotación infantil. Estes dous feitos teñen enorme repercusión no cotián das familias traballadoras.Queremos que en cada capítulo a xente coñeza estas microhistorias, tome conciencia de que os dereitos non foron agasallos do poder e que sirvan de referentes éticos e morais.

Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde
–Hai feitos e personaxes dos que falan no libro, pero non podo evitar preguntarlles por algúns deles para que os lectores teñan un pequeno adianto do contido de Marxes. Por exemplo, cal é a relación de Manuel Antonio con Vigo?
–X: Mentres estudou Náutica, viviu no paseo de Afonso XII. Foron anos de madurez creativa. Coñeceu a vida urbana que tanto o anoxou pro tamén a vida nocturna das tascas, a chegada de mariños estranxeiros, a militancia política… En De catro a catro, o único topónimo que aparece é Vigo. Dende aquí enrolouse nos barcos, participou en parladoiros de intelectuais no Derby… Viviu a cidade con intensidade.
–Quen era Roberto González Pastoriza? –
–X: Un perfecto caso de desmemoria. Este letrado (asesor xurídico da Caixa de Aforros e do Concello, educado no bufete de Adolfo Gregorio Espino, militante do Partido Galeguista), foi borrado polo franquismo. Por que? Porque foi o avogado dos concelleiros, alcalde e deputados fusilados o 27 de agosto do 36. Que el asumise a súa defensa supoñía poñerse no punto de mira dos falanxistas.
Fíxoo. Ese acto de valentía democrática merece maior recoñecemento. Se cadra, un lugar sinalado na futura cidade da Xustiza.
–Atreveríanse a dicir que Vigo foi a cidade de Galicia coa que mais se ensañou a represión franquista?
–X: Non, non nos atreveríamos porque a represión arrasou o país. Os franquistas detectaron quen eran as mentes máis lúcidas e eficaces para pegarlles un tiro. Non admitían o progreso social e cultural que se viviu na República, a liberdade e os dereitos sociais. Fixérono en Vigo, onde había moitos cadros político-sindicais, pero tamén en Redondela, Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense… Foi a imposición militar da barbarie fronte a intelixencia.
–En Marxes, inclúen personaxes que viviron e traballaron en Vigo, pero que non naceron aquí. A partir de cando Vigo se converteu niso que chaman “cidade de aluvión” e de encontro de persoas de toda Galicia, que hoxe é precisamente un dos sinais de identidade da cidade?–
–D: Vigo tivo unha eclosión como cidade relativamente tardía. Nos seus albores como urbe industrial, estaba moi volcada no mar (porto de saída para a emigración e industria conserveira). Co desarrollismo franquista acolle industrias como Citroën, vive un momento de crecemento urbanístico desordeado, que aínda hoxe pagamos, e actúa como polo de atracción de xentes vindas do rural galego.
Este carácter vertixinoso do desenvolvemento vigués na segunda metade do s. XX convértenos nun espazo urbano desvertebrado, cunhas elites, salvo excepcións, pouco sofisticadas e cunha poboación traballadora de exlabregos galegofalantes que se autoalienan debido á visión nesgada das ideas de progreso e atraso. O reto de Vigo, ademais de evitar converterse nunha cidade plató de economía precarizada, segue a ser o de construír unha cultura urbana galega non alienada, disposta a liderar o país pola vía dos feitos e a crear un gran polo de desenvolvemento co norte de Portugal.

Los arquitectos que cambiaron Vigo: Manuel Gómez Román, Jenaro de la Fuente y Antonio Palacios /
"Non incluímos a Movida porque foi un movemento baseado no hedonismo acrítico"
–Boto de menos que non dediquen capítulo á chamada “movida” de Vigo, dos anos 80. Acaso porque non foi rebelde ou gárdana para unha próxima entrega ?–
–D: A nosa lectura da “Movida” non é compracente. Aínda que se poden facer excepcións, pensamos que, en xeral, a “Movida” foi un movemento cultural baseado nun hedonismo acrítico, impulsado e mimado polos gobernos da altura para dar pátina de modernidade (en realidade, de posmodernidade) a unha Transición que deixara intactos os poderes fácticos franquistas. Unha sorte de verniz epidérmico que deixaba as cousas como estaban; o que hoxe se coñece como “Cultura da Transición”. Por outra banda, non nos gusta moito o carácter provinciano da “Movida” viguesa a respecto do que sucedía en Madrid. Un protagonista directo, como era Emilio Alonso, concordaba, no final dos seus días, con esta visión. Todo isto, naturalmente, non quita que algúns grupos musicais daquela época formen parte da nosa banda sonora sentimental.
–O libro, presentado tamén como guía, acompáñase de fotos, ilustracións e un mapa, nunha edición moi coidada. Farán roteiros pola cidade?
–D: Encantaríanos poder facer roteiros pola cidade se as condicións pandémicas o permiten. Pensamos que valorizar a historia das loitas emancipadoras como se merece, é dobremente necesario, dado que o modelo de cidade que se quere impoñer é bastante amnésico e baseado no espectáculo baleiro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda