Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Liv Strömquist: Non sinto nada

Unha análise do amor nos tempos modernos

Liv Strömquist y Julia Lago, gañadora do XVI Premio Castelao de BD

Liv Strömquist y Julia Lago, gañadora do XVI Premio Castelao de BD

Cantaban Sonia e Selena (2001): «Cuando llega el calor, los chicos se enamoran». Pero, acontece tal? Mesturando referencias da cultura pop con traballos de sociólogas e filósofos, Liv Strömquist (Lund, Suecia, 1978) analiza a concepción do amor romántico nesta etapa de tardo-capitalismo na que vivimos. Como en ocasións anteriores, a xornalista e activista feminista faino nun cómic-ensaio con grandes doses de humor e moita documentación.

Liv Strömquist

Liv Strömquist Albin Olsson

E así nace Non sinto nada, publicado por Reservoir Books, selo de novela gráfica da editorial Penguin Random House, que tamén publicou en castelán as anteriores obras da autora: El fruto prohibido (2018) e Los sentimientos del príncipe Carlos (2019).O libro abre co caso do actor Leonardo DiCaprio, quen vai encadear relacións breves con once actrices e/ou modelos que non chegan aos trinta, con características físicas similares, e coas que nunca chega a comprometerse do todo porque, segundo a premisa da autora, «non sentía nada». DiCaprio úsase como representación divertida do que lle pasa a moita xente agora coas súas parellas, de cómo se viven as relacións.

Liv Strömquist:
 Non sinto nada

Liv Strömquist: Non sinto nada Raquel López

Liv Strömquist fai unha radiografía da actual concepción do amor na era «post-». De como a súa significación recolocouse debido a causas sociolóxicas, psicolóxicas, culturais e económicas que levaron a un gran cambio que contrasta coa percepción do amor romántico clásico, moito máis visceral e intuitivo. Algunhas destas causas son o narcisismo extremo, a elección racional e conveniente, a necesidade de independencia e control ou o «mercadeo» das relacións, favorecido pola tecnoloxía e as apps. Tamén de como estes cambios influíron na maneira de ter fillos ou, relacionado, a propia recolocación da masculinidade e mais o éxito asociado a ela: a masculinidade moderna pasa polo desapego emocional. «No noso tempo o que caracteriza o ser humano é o dominio da súa contorna. Facemos plans de futuro, temos obxectivos e trazamos estratexias para alcanzalos. Pero namorarse é un evento inesperado que escapa ao noso control, como a morte. Desenamorarse tampouco se pode controlar, non podo decidir seguir amando ou deixar de amar a alguén. Por iso o amor está a volverse algo cada vez máis difícil para todos nós», apuntaba a autora na presentación da novela.

A posición de Strömquist é a de analista. Non quere xulgar ou valorar como positivo ou negativo este cambio e, de forma bastante reiterada e divertida, pide perdón por tender á xeralización ao expoñer as súas teorías. O motivo que a levou a cuestionarse todo isto, é constatar que o amor ten agora máis presenza nas nosas vidas que outrora e, con todo, bastante cambiou na nosa forma de vivilo. «Hai que recoñecer que iso é positivo, que teñamos cada vez máis liberdade. Pero eu quería investigar se esa liberdade conlevaba algunha perda», explica.

Para este cómic-ensaio, Strömquist toma como referencias principais –que explica de forma moi amena– os traballos da socióloga Eva Illouz (Marrocos, 1961) ou os filósofos Byung- Chul Han (Corea do Sur, 1959) ou Kierkegaard, intercalados con antecedentes históricos e mitos e anécdotas das que chama «heroínas deste cómic», a poeta Hilda Doolitlle ou a escritora e psicanalista Lou Andreas-Salomé. Todo ben mesturado con elementos da cultura pop como a cantante Beyoncé, a actriz Cameron Díaz, as series Girls e Sexo en Nova York ou personaxes ficticios como os pitufos, Panoramix ou Jabba the hutt.

  • Viñetas con historia y trasfondo social

    Marcado por el 60 aniversario de los galos más famosos, Astérix y Obélix, así arranca 2019, un año en el que los cómics con trasfondo social e histórico serán los protagonistas

A parte gráfica, como acostuma no seu traballo, non é especialmente destacable, aínda que o seu estilo sinxelo e lineal, moi afín ao underground, ademais de funcional encaixa co ton da novela e acaba gañándose a lectora ou lector. Así, este irónico e divertido cómic no que se mesturan a socioloxía, a filosofía e mais a cultura popular vén conformar un expoñente de como a banda deseñada pode ser unha opción excelente como achegamento ao ensaio.

Julia Lago, gañadora do XVI Premio Castelao de BD

Julia Lago, Premio Castelao de BD

O cómic Nós Seis, primeira obra longa da ilustradora Julia Lago (A Coruña, 1994), resultou gañador do e XVI Premio Castelao de BD, o pasado 15 de xuño.

Nós seis conta parte da infancia da avoa da autora, que pasou nun internado durante a etapa franquista. A propia Lago sinala que un dos obxectivos da obra é «tomar conciencia do valor do traballo e da rebeldía de persoas como Mercedes, que non se dobregaron baixo normas opresivas e misóxinas, e conseguiron, grazas á súa resistencia, que hoxe en día sexan consideradas como o que son: represoras, machistas e alienantes».

O Premio Castelao de BD inaugúrase no 2005 cun prometedor David Rubín e a súa obra Onde ninguén pode chegar (Lea Edicións, 2016). O galardón, outorgado pola Deputación da Coruña e cunha dotación de 6.500 euros en metálico mais a publicación da obra elixida, consolidouse como unha referencia de calidade e, ás veces, descubrimento de novos talentos no muno da banda deseñada galega.

Ao longo das súas dezaseis edicións, os galardonados na modalidade xeral foron David Rubín, Antonio Seijas Cruz, Jacobo Fernández Serrano, Mariano Casas Gil, Daniel Montero Coira, Brais Rodríguez Verde, Iván Suárez, Ignacio Vilariño, Francisco Bueno Capeáns, Kiko da Silva, Fernando Llorente, Emilio Fonseca Martín, Beatriz Lema Rivera, Oliver Añón Lema, Alberto Vázquez e Begoña García-Alén; e Martín Otero e Andrés Magán na modalidade infantil e xuvenil, inaugurada no 2017 e con dous anos consecutivos co premio deserto.

Compartir el artículo

stats