Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Necesaria biografía

Reivindicando a Sofía Novoa Ortiz

En 2015, Carmen Losada Gallego presentou na Universidade de Santiago unha tese co título Mujeres pianistas en Vigo. Del salón aristocrático a la Edad de plata (1857-1936). Unha destas pianistas era Sofía Novoa Ortiz (1902-1987), de quen Losada Gallego publica agora unha excelente biografía, editada polo Instituto de Estudios Vigueses, na que tamén se fala da súa faceta pedagóxica e do seu exilio, tras o golpe de 1936.

Trátase, entón, dun libro moi documentado que reivindica a figura de Novoa, pero tamén a de todas as mulleres que foron silenciadas no mundo da música, dando noticia do contexto cultural e social e amosando un universo no que a pianista viviu experiencias enriquecedoras. Coñecemos así a súa vida pública e privada e mais o ambiente artístico e cultural do Vigo da época e tamén, á par que se analiza a traxectoria vital e profesional, o texto dá conta da súa vida en Lisboa e de centros musicais e culturais de importancia nos que estudou e/ou traballou como a Residencia de Señoritas de Madrid, L´École Normale de Musique en París ou o Vassar College nos Estados Unidos.

Sofía Novoa Ortíz

Sofía Casanova Ortiz naceu nun ambiente que favoreceu unha esmerada formación musical e a posibilidade de dedicarse de xeito profesional á música. No Vigo cosmopolita de principios do século XX, varias artistas que fuxían da Gran Guerra, de paso pola cidade, cantaban nos cafés. Seu pai, un republicano amigo de Galdós e co-fundador da Sociedade Filarmónica de Vigo, foi un firme baluarte na súa formación. E ela, que tratou a importantes personaxes da música, da ILE, da literatura da xeración do 27 española e que tivo contacto con María de Maeztu e Nadia Boulanger, formada nesa contorna favorable foi quen de vivir do seu traballo artístico e dar exemplo a outras mulleres.

LOSADA GALLEGO, C., Sofía Novoa Ortiz, pianista, pedagoga y exiliada, Instituto de Estudios Vigueses, 2021, 14 €

Compartir el artículo

stats