Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Homenaxe á terra

Con sabor e precisión

Podería dicirse que Alma de barro é unha homenaxe á terra, un verdadeiro canto no sentido máis extenso da palabra onde o pasado cédelle o paso ao presente, a tradición faise realidade, a cultura popular persiste no seu intento de crear un mundo máis xusto, os tipos sociais reviven experiencias pasadas e a lingua faise eco da expresión de un pobo que, coma todos os pobos, constrúe a súa historia preservando, coidando e difundindo obxectos, costumes, crenzas e información.

O título escollido para estes Relatos da Ribeira Sacra non podía ser máis suxerente. Ademais de identificar o dun texto que destaca a esencia máis profunda do ser, aquilo que nos caracteriza, apunta directamente á parte inmaterial que, xunto co corpo, constitúe a substancia que define a realidade.

Alma de Barro

Alma de Barro

Polo camiño, a práctica de prestamista levada a extremos, a repercusión da fame feita miseria en ‘As papas’, a reivindicación da condición feminina en ‘As capadoras’, a queixa en ‘A estrada’ o dramatismo de ‘Xoguetes rotos’ ou a nostálxica lembranza en ‘Vitoriano e Amelia’ enchen as páxinas de historia e historias e convértense en testemuños de privilexio que posibilitan a comprensión do pasado, que permiten a aprehensión e aceptación do presente e mesmo a súa interpretación e que quizais establecen as claves que guían o futuro, un porvir que activa a memoria e que busca acubillo na utopía, na fantasía ou na imaxinación como forma de vida.

A lingua empregada por Moncha Prieto, merecedora de varios premios de poesía, relato e de escrita creativa e coñecida pola súa participación en diferentes programas de radio relacionados coa cultura galega, conxuga o sabor popular co coidado e precisión na expresión formal como corresponde a todo texto que se antolle intelixente.

PRIETO, Moncha, Alma de barro, Xerais, Vigo, 2021, PVP. 16, 43 euros

Compartir el artículo

stats