Fermosa e orixinal
De vertente nostálxica
Xosé Feixó
Desta volta preséntanos Rinoceronte editora, na Colección “Nova” e en tradución de Moisés Barcia, Xente normal, segunda novela de Sally Rooney, que, como a primeira, Conversas entre amigos, foi moi ben acollida en xeral, e mesmo moi valorada e premiada, con excelente recepción por parte da crítica, que ve nela unha nova historia sobre a atracción deslumbrante que nace e medra entre persoas moi distintas que coinciden en ben pouco.
Entre Marianne e Connell xorde unha historia de amor. Difícil. Moi difícil. Son compañeiros de clase, pero grandes distancias os separan, sendo anverso e reverso, cara e cruz. Primeiro a clase social: ela vive nunha mansión; a nai del encárgase da súa limpeza. Ela é solitaria, distante, introvertida, tímida e rara; el popular, aberto, extrovertido, deportista... Xente “normal”, vamos. Nin se falan. Un día, unha conversa é o inicio dunha relación que cambiará as súas vidas. E Rooney conta a historia cun estilo directo e sinxelo, pero por contra cunha estrutura atípica en que o tempo total do transcurso da acción, catro anos, subdivídese en capítulos de moi distinta duración, de días a semanas e meses, con constantes elipses e interrupcións da historia de amor coas que perdemos a certeza de se seguen xuntos ou non, de se se volverán a ver..., esvaendo as frustrantes experiencias que acontecen en vidas paralelas, por veces en intersección, con graves malentendidos e clamorosas contradicións, tecendo así unha historia agridoce, sentida e profunda, que mesmo chega a parecernos próxima e pura, propia de dous mozos namorados en circunstancias complexas.
Novela fermosa, emocional e intelixente, de éxito e fracaso sentimental, moi recomendable ademais en primavera, non só para as mozas e os mozos, pois ten tamén unha vertente nostálxica que valorar.
ROONEY, Sally, Xente normal, Rinoceronte, Cangas, 2021, PVP. 18,90 €
Suscríbete para seguir leyendo
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- Salvaje persecución por Vigo y O Porriño: 50 kilómetros a la fuga y cuatro coches policiales dañados
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Una histórica cafetería de Vigo echa el cierre con las uvas después 44 años cotizados: 'Nos vemos en los bares
- Trece implicados y 270 toneladas intervenidas en Vigo y otras localidades de Pontevedra por comercializar de forma ilegal productos del mar congelados