Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Das orixes do portugués (e do galego)

Cunha orixinal análise

Das orixes do portugués (e do galego)

Partindo, como fío condutor, de que nunha fase fundamental da historia do idioma portugués (século XV) tivo lugar unha profunda desgaleguización desa lingua, velaí as páxinas do volume, Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués, do profesor Fernando Venâncio.

En aberta contestación perante da mitoloxía nacionalista portuguesa, para a cal o galego e o portugués veñen proceder, ambos, “directamente” do latín –tal foi o caso, por exemplo, de Leite de Vasconcelos ou aínda de Manuel Paiva de Boléo–, Venâncio rexeita non só semellante “pensamento máxico” senón que aínda fala da “invención do galego-portugués”, significando que, en realidade, o único nome que lle cabe atribuír ao romance, xerado ao norte e sur do Miño, non vén ser outro que o de galego. Así pois, e sempre desde a súa perspectiva, vén resultar a partir de 1400 –cando Portugal “comezaba a reformularse”– o momento en que tivo lugar unha ruptura co norte e, xa que logo, “un acto de recusa das orixes” do país que tivo, desde logo, a súa correlación no plano lingüístico: é dicir, a eclosión do portugués que se foi achegar, polo contrario, ao castelán sempre nese proceso de desgaleguización ao que xa aludimos máis arriba.

Para Venâncio, galego e portugués deveñen na actualidade dúas cousas diferentes porque os seus falantes investiron “en todo tipo de estruturas e materais propios”, asemade que as súas “castelanizacións diverxen amplamente”. Sen dúbida, unha afirmación que ha de causar –e, de feito, xa causou– controversia como asemade acontece con outras das que se amosan neste fundamental volume que ha de interesar non só aos filólogos senón a todos os interesados no relato da historia das formas romances noroccidentais da península Ibérica.

Das orixes do portugués (e do galego)

Das orixes do portugués (e do galego) Lucía Seoane

VENÂNCIO, Fernando, Así naceu unha lingua, Galaxia, Vigo, 2021, PVP. 16,15 €

Compartir el artículo

stats