Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xela despois de Xela

Pensamento, vontade, transgresión

Portada do libro.

A combinación de palabras de Xela Arias con algúns dos seus versos e a análise precisa e douta de aspectos significativos da súa vida e da súa obra da profesora María Xesús Nogueiras conforman outros de tantos volumes sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2021 que recolle dunha forma singular pensamento, proxección, xestación, disposición, transgresión e vontade a partes iguais.

O percorrido vital e literario dunha nena cun lapis na man ata Xela despois de Xela pasando polos anos oitenta, a denuncia do equilibrio, o seu labor de editora e tradutora, a relación con outras artes, as aulas, o diario dedicado a Darío e a súa declaración de intempestades amosan que a poeta apaixonada pola contemporaneidade tiña algo que dicir ás xeracións futuras, por iso, a súa palabra feita poesía abrollou con forza do seu interior, as súas verbas serviron -e serven- para manifestar o seu desacordo coa orde establecida cando non había tal orde, a tenrura e desasosego que lle produciu ser nai, a filosofía de vida que guiou a súa existencia e mesmo a riqueza que emanaba das súas relacións co outro, de modo que o seu paso entre nós, e por suposto, o seu legado constitúe unha bafarada de aire quente e frío a un tempo, de sacudida e bategada simultánea, de ruptura e retorcedura da expresión para provocar, alentar, abanear estereotipos abafantes e todo de forma silandeira e discreta como corresponde á tranquila seguridade da verdade, aínda que fose a súa verdade. A coherencia coa que viviu os seus ideais transmitiunos na súa obra e o que nos chegou supuxo e supón un desafío ben substancioso a nivel persoal, lingüístico, literario e mesmo institucional.

Xela despois de Xela

Xela despois de Xela María Navarro

NOGUEIRA, María xesús, Xela Arias. Os territorios da liberdade, Xerais, Vigo, 2021, PVP. 11,87 €

Compartir el artículo

stats