Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Silvia Bardelás Escritora e editora

“A pandemia pode provocar unha situación de fuxida cara adiante”

Silvia Bardelás

Silvia Bardelás

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Lourdes Varela

–A maioría dos galegos/as tivemos (ou temos) algun pariente que emigrou a América, pero no caso de Destempo ocorre ao revés: o emigrante é o neto e a súa avoa foi a que o chama dende a aldea. Por que esta curiosa “inversión de papeis”?

-Esta novela transcorre nestes tempos. O neto non é un emigrante que busca o benestar económico, é un estudante, pero ao final, marchar é un xeito de fuxir dun lugar onde non te podes desenvolver por as razóns que sexan, que non sempre son económicas. A avoa sabe que fuxir non vale de nada e quere que volva para afrontar o que lle fai dano.

  • Na procura das raíces
    Non hai destempo para se atopar no mundo

–A novela arranca cun encontro/desencontro entre una avóa e un neto que vive en Estados Unidos. Vivimos nunha sociedade globalizada, si, pero, acaso non é certo que cada vez semellan máis lonxe o mundo no que viven os mozos e o que viven (e/ou viviron) os seus avós?

-A xente maior ten moito que dicir porque xa está nun momento de liberdade de pensamento, non ten que facer unha vida, non está condicionado socialmente. Cando pensa nos seus novos faino só pensando en que sexan felices. Iso pareceume un punto de partida moi interesante. Que poden facer para axudalos? Falar, contar, facer que falen eles tamén, que tomen conciencia do que son, pero para poder falar hai que crear un espazo. Iso é o que fai Mati.

  • Un encontro/ desencotro entre unha avóa e o seu neto é o ponto de partida de Destempo (editada por Barbantesa en galego e por De Conatus en castelán), a nova novela da viguesa Silvia Bardelás, escritora e editora que reside en Madrid. Lourdes Varela

–Xóvenes e persoas maiores, malia que dun xeito distinto, foron os que levaron a peor parte na pandemia do Covid. Cré que iso, precisamente, pode facer que a partir de agora haixa maior facilidade para que, en lugar de desencontros, poida haber encontros?

-Non teño moita fe en que a pandemia nos faga cambiar, mais ben ao contrario, pode crear unha situación de fuxida cara adiante. Ese encontro, como todo encontro, depende máis ben de pensar na vida como algo que facer, que coñecer, que experimentar e os maiores son os máis experimentados. Os novos hoxe en día son bastante diferentes uns dos outros, hainos entregados a cambiar o mundo e outros poñen todo o seu empeño en manter o que hai. Os encontros van depender moito de que os novos teñan tempo para escoitar e non sexan consumidos por as novas tecnoloxías. Os xóvenes de Destempo estudan música e iso fai que estean un pouco fóra do mundo.

  • Colección

    ¿QUÉ NOS CONTAMOS HOY?

    Formato

    210 x 140

    Encuadernación

    Rústica con solapas

    PVP

    19,90

–Destempo foi escrita antes ou durante a pandemia?

-Perdín a conta, pero creo que tardei catro anos en escribir a novela. Tiña largos paróns porque non sabía o que estaba contando. A pandemia fíxome ver o final, que era o que me faltaba. Como influíu? Penso que daquela sentimos unha necesidade de encarar a vida dun xeito máis apaixonado, máis activo, deixamos de agardar a mudanza do mundo dende un punto de vista político ou social. Foi unha toma de conciencia da propia vida como proxecto.

–Esta é unha historia para que os lectores reflexionen pero, antes, supoño que quen reflexionou foi Vde. A qué conclusións chegou unha vez rematada a escrita da novela? ¿Son as mesmas que as que tiña antes de escribila?

–Eu non sabía o que ía escribir. Tiña unha primeira escena moi chocante, pero había algo que me atraía e que pensei que podía ser o título do libro: empezaba por “Irmáns:”. Cando o rematei decateime de que o narrador era un narrador comunitario que o lector podía sentir cerca, que os personaxes, que son moitos, tiñan esencia só en relación cos outros, nunca individualmente. O final é un acto que nos coloca nun lugar novo e vello ao mesmo tempo, a experiencia da comunidade. Todo estaba na primeira escena, como pensei, pero non colle o sentido até o final.

–Vde. adoita a escribir en galego, pero tamén en castelán. E resulta que Destempo sae tamén en castelán.Por que non fixo Vde. mesma a traducción senón que, polo contrario, deixouna en mans de Moisés Barcia?

–Eu escribo en castelán os textos do meu blog, ou os textos académicos e todo o que ten que ver coa editorial porque teño unha vida en Madrid, pero os textos literarios os escribo en galego porque é a miña lingua emocional, por lóxica, na miña casa sempre se falou galego. Non o traducín porque non o sei facer. Tería que meterme noutro rexistro musical e xa escribiría outra cousa. De feito, a sintaxe galega colócame nunha pulsión narrativa determinada. Está moi ben traducida por Moisés Barcia, que é un gran profesional.

“A nosa editorial, De Conatus, quede abrirlle as portas a libros honestos, de calidade e cunha voz propia”

A escritora e editora viguesa Silvia Bardelás.

A escritora e editora viguesa Silvia Bardelás. / Lourdes Varela

–Quixera tamén que nos falase da editorial que puxo en marcha xunto á súa compañeira Beatriz González. Cales son os sinais de identidade de De Conatus,que quere aportar dentro do panorama literario actual?

–Beatriz e máis eu quixemos buscar libros que tivesen unha voz propia, un punto de vista sobre a nosa realidade diferente. Pensamos que os lectores poderían fiarse de nós ao ver que non bailamos ao son do mercado. E de feito, conseguimos dende o principio grandes autores que confiaron no proxecto.

–Por último, unha pregunta por curiosidade: Que debe ter unha novela para que a súa editorial decida publicala? (E aquí non me vale só a resposta de “que esté ben escrita”?

–Debe ser honesta, é dicir, que o narrador conte o que pode contar. Ten que ter calidade literaria, é dicir, que haxa algún recurso narrativo interesante e axeitado ao que se conta. E ten que ter un punto de vista sobre a realidade que teña interese, que non vexamos todos os días o que conta de fondo nas novas do xornal ou na conversa nas redes.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents