Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reeditar a denuncia

Un poemario inclasificable

Reeditar a denuncia

Co gallo da celebración das Letras Galegas e con Xela Arias como autora homenaxeada, saen novas reedicións da súa obra nas distintas editoriais galegas. Xerais ofrece o primeiro poemario que publicou Xela alá polo 1986. De entrada esta achega gaña o limiar de Olga Novo, perde as ilustracións da editio princeps de Xosé Guillermo.

Ao longo deste proceso de reflexión arredor da súa obra, é lugar común dicir que Denuncia do equilibrio é una obra inclasificable. Os entalamentos autoimpostos colectivamente a través das historias da literatura afastan este poemario dos trazos característicos da súa xeración (a dos 80) e mesmo hai quen di que a achegan á xeración seguinte (a dos 90) quedando un pouco no limbo a súa adscrición. Libres deste tipo de limitacións, pensó que, como toda obra que realmente ten algo que achegar, Denuncia do equilibrio destaca no seu momento por un eclepticismo conceptual e unha innovación lingüística que a levou a ser afastada da centralidade do sistema literario de nós. É tempo de facer xustiza e dicir que Denuncia do equilibrio, co tempo que todo pon no seu sitio, é una obra moi importante que debe ser recoñecida con maior atención por parte de todas e todos. Non é un poemario para apartar, é un poemario para estudar e sacar novas conclusión dende o punto de vista investigador a respecto do que foi a nosa poesía naquela altura.

O amor, a relación coa paisaxe urbana, a visión existencialista, a reflexión ontolóxica, a tensión na lingua son algúns dos trazos que deben ser considerados para resituala. Non se afasta de nada do que puideramos atopar naquela altura; actualiza e dá una visión moi persoal, orixinal e efectiva que, en verdade, non se soubo valorar.

ARIAS, Xela, Denuncia do equilibrio, Xerais, Vigo, 2021, PVP. 11,87 €

Compartir el artículo

stats