Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fortes emocións

Facer algo na vida

Fortes emocións

Coa intención de transmitir fortes emocións aos destinatarios da mensaxe, Xela Arias escolle como título do libro que escribe Non te amola!, suxerente exclamación de sabor coloquial e de ton desenfadado como corresponde á narración que segue.

“Facer algo na vida”: a esta declaración inicial sobre a obra, séguenlle outras consideracións que sorprenden pola sensibilidade coa que o manifesta, por como extrae conclusións do que a rodea, pola repercusión que ten na súa vida o que fan os demais e tamén pola conciencia que tiña do poder da palabra.

O aspecto e movementos dos amigos de seus pais que se dedicaban a escribir, o incidente do avó coa bicicleta, a rivalidade cos seus irmáns, as mudanzas de enderezo ou a relación cos outros familiares son algúns dos temas que a luguesa aborda nun libro do que ela di “non ha ter nin comezo nin remate” porque a narración flúe e se constrúe coas ideas que abrollan do interior estean estas máis ou menos alonxadas no tempo ou no espazo, porque o que conta é sentir, é transmitir, é ser auténtica e ela, aínda que conte a súa verdade, está disposta a facerse directora de orquestra para dar paso aos diferentes instrumentos que han de tocar unha fermosa sinfonía.

Así entre lembranzas e vivencias vaise construíndo o camiño que percorrerá ata facerse maior, sobre todo, dende o momento en que llelo escoita ás súas tías e é entón cando lle veñen á cabeza palabras como revolución e organización e que unidas posibilitarán unha igualdade de xénero que xa sentía de cativa. Ás veces, aínda que se perciban como causas útiles, hai que prepararse porque como afirma no último capítulo escribir permite coñecer e se coñecemos podemos “cambiar as cousas que están mal”.

ARIAS, Xela, Non te amola! (ils. Luz Beloso), Galaxia, Vigo, 2021, PVP. 15 €

Compartir el artículo

stats