Medre o mar!
Prosa directa e cuidada
Héitor Mera
Xurxo Souto é home polifacético. Ademais da súa traxectoria como músico, divulgador e dinamizador, como pouco, é ben recoñecida a súa faceta de narrador. Con A tralla e a arroutada (1995) e con Fumareu (1997) xa nos presentara todo un mundo creativo relacionado coa xente do mar que trascendeu en novela a finais do século pasado con O retorno dos homes mariños.
Vinte anos despois da súa primeira edición, Xerais e o autor teñen a ben reeditar esta primeira novela. O espírito e a esencia das obras anteriormente citadas, así como o arrecendo a mar e dignidade do disco dos Diplomáticos de Monte Alto, Capetón, aparecen con toda intensidade neste texto que coa épica cotiá da xente do mar fai que lembremos o identificados que estamos cunha maneira de vivir a pesar de parecer en moitos momentos que lle dámos as costas. En O retorno dos homes mariños rescátase a lenda destes seres híbridos entre o peixe e o home e amósase o sentir dunha mocidade. Mercedes e e Eco son os protagonistas. Cada un coas súas teimas. Mais estes personaxes son a escusa perfecta para que o autor expoña toda unha epopea do mar e as súas xentes. Unha convivencia entrea realidade e o lendario.
O importante na novela non é a trama argumental. O importante son esas escenas que se van enganduxando para poñer á mesma altura a intencionalidade narrativa coa intencionalidade evocadora. Hai un fío argumental que conecta as historias, pero todas teñen en común esa descrición, esa reflexión das xentes do mar e todo o que o mar contén e proxecta. E a isto engadímoslle a prosa directa e coidada. Exemplo de narración con destreza estilística adecuada ao tipo de mundo que nos evoca. Hai un punto de intersección entre o puramente narratolóxico e o lírico. Dende logo, Souto propón algo distinto, propio e necesario que o sitúa como autor con mundo creativo de seu, perfectamente identificable. Se cadra, ademais do factor memorístico para os que vivimos a época dos homes mariños na súa primeira edición, esta novela podería ser de moito interese para a actualización das novas xeracións que coma nós, nun momento dado, tamén poden vivir indiferentes ao mar. Ese mar que chama e que se serve da creatividade deste autor para levar a bo fin esa súa profecía (talmente dicía o poeta).
Imbuídos, xa que logo, nese mundo tan bernardiniano (de Bernardino Graña), non podemos deixar de berrar para os que quixeren gozar e aprender desta obra clásica e actual, verdadeira: Medre o mar!

Medre o Mar! / Héitor Mera
SOUTO, Xurxo, O retorno dos homes mariños, Xerais, Vigo, 2021, PVP. 16,01 €
Suscríbete para seguir leyendo
- Hallan muerta a la artista viguesa Seila Esencia tras dos semanas desaparecida
- Una familia británica ofrece casi 69.000 euros al año por cuidar de su perro y vivir en su finca
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Recupera 400 euros perdidos en el Álvaro Cunqueiro tras ser localizada por las cámaras la persona que los cogió del suelo
- Vende 4 pisos en 2022 y exige que se los devuelvan porque ahora son más caros
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»