Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Deliciosos textos

Na construción dun mundo mellor

Dez escritoras participan no volume colectivo Libres e vivas achegando cadanseu texto na que ser compañeiras e iguais é o seu obxectivo. Son “relatos libres coma coiteladas directas á conciencia” que abordan desde diferentes ópticas a cuestión do machismo e que poñen de manifesto que a igualdade entre homes e mulleres é o mellor camiño na construción dun mundo mellor.

A ollada que cada escritora deita no seu texto establece relacións in praesentia e in absentia cos desexos, coas dúbidas, cos anhelos, co degoxo, coas ilusións, coa impaciencia e de todos eles extraemos que o ser humano é quen de compartir co outro a vida, as vidas; aquela que cada un constrúe e aquelas que as circunstancias van proporcionando e requirindo. Tamén aquí a palabra, as palabras actúan como xostregadas quizais máis intensas ca o golpe físico e ante esta situación a vinganza sérvese ben fría como escribe Elisabeth Oliveira en ‘Lara’; enmascárase a derrota como salienta María López Sández en ‘A pintora de aves’; establécese un monólogo con réplica e explicación nunha actuación do máis cotiá, pero non por iso menos incómoda, como amosa Esther F. Carrodeguas en ‘Greta’; aprémanse os dentes e camíñase cara adiante coa cabeza ben ergueita e con paso firme como presenta María Xosé Porteiro en ‘Novelas para Xulia’ ou danse por boas as explicacións que, en forma epistolar, envía Al-Khaizurán, escrava que conseguiu a liberdade e a consideración dos políticos da época, ao seu fillo o califa Harún-Al-Rasid e nas que Paula Carballeira en ‘As escravas Sherezade’, nos traslada a Oriente e nos sitúa na abafante e exótica Bagdad e nas que unha nai loita polo destino do seu fillo facendo valer a súa condición de muller.

Deliciosos textos que será bo degustar e saborear.

VV AA, Libres e vivas, Galaxia, Vigo, 2021, PVP. 16,62 €

Compartir el artículo

stats