Desbotando os estereotipos
Con humor e con sorpresas

Desbotando os estereotipos / María Navarro
María Navarro
Xogar co factor sorpresa é sempre rendible se falamos en termos de recepción, a miúdo resulta un valor apreciable que os lectores perciben sempre como atractivo. Ademais trátase dunha estratexia que tenta atrapar o contista que habita en cada un de nós, xa que contar historias parece natural e cáseque ineludible nos seres humanos, a estrutura misteriorsa de relatar cruza as mentes humanas a ata podería dicirse que é constitutiva da linguaxe.Por iso, para coller desprevido e marabillar o lector Manuel López O Hematocrítico non dubida en desbaratar contos clásicos, asociar imaxes imposibles, retorcer a expresión espremendo ao máximo o zume e así causar a estrañeza precisa que prende no maxín unha sorte de admiración extraordinaria.Ao mesmo tempo, procura a achegar valores e levar veracidade alí onde aniña a suposta irrealidade para dende aquí lanzar unha mensaxe que reiuvindica o dereito a ser diferente.
Moncho é un can que come ósos, carne e penso e traballa coidando ovellas, pero o seu aspecto dista moito da imaxe que outros personaxes teñen do mamífero que ladra e este non ten máis remedio que amosar os seus dotes caninos e demostrar que é un cuzo coma outro calquera.
Para sensibilizar as persoas sobre calquera forma de discriminación é preciso actuar sobre os estereotipos e os prexuízos cara os seres que son diferentes, afrontar a diversidade como unha forma de enriquecemento do que todos se benefician e no que todos gañan. Pola súa parte, o humor, que se exhibe neste volume, pode ser un bo recurso para a educación na tolerancia, no respecto e na convivencia harmónica e a colección que inicia estes libros -Os Hematiños- que vén de encetar Edicións Xerais de Galicia pode contribuír a iso.
O HEMATOCRÍTICO, Un can, (Ils. Alberto Vázquez), Xerais, Vigo, 2021, PVP. 9, 50 €

Desbotando os estereotipos / María Navarro
Suscríbete para seguir leyendo
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Hallan un cuerpo colgado de un árbol frente a la Diputación de Pontevedra
- Condenan por intrusismo a un falso médico que atendió 9 días en Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro
- Muere Amaya, la mujer del ingeniero vigués que hace cuatro meses hizo un llamamiento desesperado para salvarle la vida
- Educación abre una investigación en un colegio de Vigo por acoso a una niña de 5 años
- La parcela de la antigua estación de bus de Vigo será un espacio de encuentro social
- Vigo acogerá el próximo desfile del Día de las Fuerzas Armadas
- Sancionada con 30.000 euros una empresa del motor de Vigo por contratar trabajadores durante una huelga