Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Beleza e dignidade

Para esculpir espíritos

Beleza e dignidade

O volume que hoxe comentamos vén resultar un macrocosmos poético; distintas visións e posibilidades do sentir e do saber facer dun poeta sólido na mensaxe, e flexible na forma. Hai unha primeira parte -que non resulta a máis delongada- na que se van presentando unha serie de paxaros relacionados cada un deles con aspectos importantes como a ética, a historia, a propia literatura… Símbolos ao servizo da mensaxe.

O poemario vai avanzando cun pensamento rico e consistente; entón, máis alá da cantidade de referencias filosóficas e literarias inseridas con sensibilidade, aproveita o autor para compartir, a través da poesía, o seu pensamento. E reflexiona sobre todo aquilo que non só serve para desenvolver unha poética de seu, senón que tamén o convencemento en cuestión que teñen que ver co común. Porque non en balde imos observando a evocación á natureza, á materia, á política, sempre moi presente e marco referencial que conectan a Salgado con moitas influencias perfectamente identificables. Por momentos refresca a memoria e lévanos ao espírito daquel Xuro que non volverei pasar fame, poemario colectivo xurdido das Redes Escarlata e no que o republicanismo, independentismo e posicionamentos reivindicativos de esquerda son o sinal de identidade.

A beleza das cousas e mais a dignidade colectiva son eixos básicos sobre os que se sustenta a esencia do texto. Xustamente esas cousas ás que o día a día marcadamente neoliberal na forma e na substancia non lles concede importancia. Queren de nós autómatas, é o que move a este “eu” lírico a berrar e reivindicar o que realmente é importante e que non todos os ollos son quen de ver. De aí a importancia da poesía como a de Salgado. Lembra feitos conscientes de todo aquilo que pode pasar desapercibido, mais que é fundamental para o ser humano. Como Pondal, algunha referencia ao noso vate hai no poemario, a poesía transcende na súa función de guía para os máis, porén sen a pretenciosidade de pretendelo. Sabéndomos xa que estamos ante un bo poemario, con alicerces sólidos e de calidade, o gran mérito que lle vexo é a tendencia a convidarnos a pensar e poner en tea de xuízo moitas cuestión que se teñen por inamovibles. Quen nos dera que este poemario chegara, sobre todo á xente nova. Cunha lectura axeitada contribuiría a esculpir espíritos.

SALGADO, Daniel, Os paxaros e outros poemas, Xerais, Vigo, 2021, PVP.11, 87 €

Beleza e dignidade

Beleza e dignidade

Compartir el artículo

stats