Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reiventando os textos

Unha moi acertada proposta

Reiventando os textos

Reiventando os textos

Unha boa idea a de recrear historias nas que os animais son os protagonistas para amosar certas características que, por costume ou por tradición, lle temos acordado a determinadas criaturas da natureza e que están presentes no imaxinario colectivo. Bo discurso tamén o de Gonzalo Navaza que, reinventando textos moi coñecidos, traslada o lector a outro tempo no que o exemplo posuía unha función didáctica moi efectista ao aplicar modelos de conduta propios dos humanos a seres do mundo animal.

Son dez as fábulas contadas e rimadas nas que o autor actualiza e singulariza na nosa lingua relatos doutra época que dota de vixencia e nas que ao lado de condutas intelixentes aparecen outras menos asisadas nas que a cobiza, a vaidade ou a falta de precaución se converten en actitudes que levan á perda e ao desprestixio e que, polo tanto, convén erradicar.

Á amena recepción destas breves narracións contribúen o humor e o xogo de palabras que tan acertadamente administra o profesor, excelente coñecedor da capacidade da palabra ben escollida e do valor que teñen as verbas no contexto estratextual.

Algúns destes textos chegan a nós en forma de contos como o do lobo e os sete cabritos, aquí ‘O lobo, a cabra e o cabrito’, dos Irmáns Grimm. Outros xa eran fábulas na súa orixe como ‘Rato de campo e rato de cidade’ ou ‘A galiña dos ovos de ouro’ cuxo autor, Esopo, popularizou nun dos máis antigos xéneros da literatura universal. Outros como ‘O burro e o porco de ceba’ lembra o texto de Samaniego e que aquí o autor reviste dunha esencia galega que o fai máis atractivo se cabe. Sen dúbida, a proposta plástica que acompaña os textos enriquece esa reinterpretación dos clásicos ao combinar mensaxe e forma en imaxes perfectamente equilibradas.

NAVAZA, Gonzalo, Fábulas contadas (Ils. Orelí Pello), Xerais, Vigo, 2020,PVP. 9,64 €

Reiventando os textos

Reiventando os textos

Compartir el artículo

stats