Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pondal desactualizado

Desigual achega

Pondal desactualizado

Pondal desactualizado

Como din os amantes da lectura -recomendadores empedernidos, repetindo a frase de Plinio o Vello, morto en Pompeia cando a erupción do Vesubio- “non hai libro tan malo que non teña algo bo.” E tal é certo, se ben que con matizacións. Para empezar, cómpre que o lector saiba discernir o bo do malo, porque senón cabe a posibilidade de que o fillo, como lle dixo Albert Einstein á guapa loira que llo propuxo, pode saír coa beleza do xenio e a intelixencia da guapa. Se non, é mellor non experimentar. Por iso ás veces é preferíbel non recomendar un libro, aínda que teña cousas boas, xa que as malas poden acabar por impoñerse e ao final servir de pouco ou ningún proveito.

Vén isto a conto porque ás veces as innovacións, os cambios, as achegas, as transformacións… non se recollen polo elaborador-transmisor, que logo segue a espallar informacións desfasadas, caducas ou xa superadas. Por exemplo, ségueme chamando a atención que algunha xente aínda crea que as letras maiúsculas non se acentúan, despois de décadas en que se conviu o contrario. E así lle pasa aos autores que non consultan a bibliografía necesaria para estaren ao día, e continúan con afirmacións e dogmas xa superados. Por iso sinto unha enorme mágoa que este libro de Manuel Castelao, do que moitas cousas boas e acertadas se poden recoller, non tivese en conta as achegas necesarias sobre Eduardo Pondal e a súa época, publicadas por algunha autoridade na materia (que non quero mentar), que desbotan moitas páxinas do libro que cumpriría actualizar.

Por iso, con moita pena e tristura, teño que concluír que este libro, tan ben intencionado e co que comparto ao cen por cen a intencionalidade, non é recomendable para a xeneralidade. Seguramente unha segunda edición, revisada, si.

CASTELAO, MEXUTO, M., A máquina ousada, Laiovento, Santiago, 2020, PVP. 17, 05 €

Pondal desactualizado

Pondal desactualizado

Compartir el artículo

stats