Moscova olé!
De artistas, franquismo e Urss

Raphael rodeado por admiradoras rusas (1972). / Joaquim Ventura
Se algún país representou para a España franquista a personificación do diaño, ese foi a URSS, sen dúbida. Á condición de paraíso do comunismo (lembremos o berro de Serrano Suñer, “Rusia é culpable”, para chamar a alistarse na División Azul), engadíase a consideración de país ortodoxo e, polo tanto, dobremente afastado da verdade de Deus. Unha teima que quedaba evidenciada naquela marca de tinta de tampón posta nos pasaportes (nunca impresa) que autorizaban a viaxar por “todo el mundo (excepto Rusia y países satélites)”.Pero malia tales reticencias (en 1960 España non xogou as semifinais da Copa de Europa de fútbol contra a URSS por orde expresa de Franco), houbo algúns artistas españois que nos anos seguintes triunfaron en terras rusas. Agora, o documental Raphael. Desde Rusia con amor (Xavier Baig e Jordi Rovira, Movistar) lembra o éxito que tivo o cantante de Linares na URSS coa película Digan lo que digan en 1970.
Xa aínda nos anos 60, as películas de Sara Montiel (aqueles melodramas musicais pensados a medida para ela), foran exhibidas en terras soviéticas con un éxito inimaxinable, ata o punto que en 1969 viaxou a Moscova para recoller a medalla Lenin ás artes (circunstancia que Manolo Vázquez Montalbán lembrou en 1973 –coma mostra da degradación soviética- no coloquio que seguiu á proxección de El último cuplé no cinefórum Informe 35 de Barcelona). En 1972 unha revista soviética dedicoulle un artigo e nun flexidisco ían dúas das súas cancións, “Nada” e “La violetera”, e en 1975 publicouse un LP titulado поет CаPа монтъелъ.
Outro español que anticipou o futuro éxito de Raphael foi Michel, nome artístico de Miguel Samper Peiró, valenciano de Pego. Cunha figura inconfundíbel (gafas escuras de concha e patillas), este cantante melódico foi un dos músicos que completaron o programa nas actuacións que The Beatles deron en Madrid e Barcelona en 1965. Tres anos despois marchou a cantar na URSS, xira que durou trinta anos, nos cales deu mil catrocentos concertos. A aventura comezou en Avilés, onde estaba atracado un mercante ruso cuxo capitán asistiu a unha actuación de Michel e quedou fascinado pola súa voz. De regreso á URSS, este comandante fixo xestións para que o Ministerio de Cultura soviético o invitase a actuar na URSS. Conta o seu biógrafo que cando informaron a Franco (era precisa unha autorización), este preguntou se se trataba de Raimon pero cando lle dixeron que non, respondeu co seu habitual laconismo “pues que vaya”.
Mais nada parecido co “fenómeno Raphael.” En 1970, e nun insólito acordo comercial, unha distribuidora española e outra soviética acordaron intercambiar películas. Entre as que enviou a primeira estaba Digan lo que digan, que se en España foi vista por dous millóns de espectadores, na URSS os multiplicou por vinte. O cantante español –coa súa voz e mais a súa ollada- representaba unha sensualidade masculina nova para as espectadoras soviéticas, que tiraban fotografías da película nas salas. Xa un ano despois, a ministra de Cultura, Iekaterina Furtseva, abriu as portas da URSS para que Raphael actuase naquel país. No documental que recolle tal fenómeno hai moito material inédito, desde fotografías da catalá Joana Biarnés (recentemente desaparecida) do xornal Pueblo e de raphaelómanas rusas, ata filmacións privadas feitas por Josep Maria García-Planas Vilarrubia, industrial téxtil de Sabadell, que comerciaba na Europa oriental.
A presenza de Raphael na URSS –primeiro cunha película e, a partir desta, con diversas xiras entre 1971 e 1997- foi un fenómeno que excedeu con creces a doutros artistas españoles. Se Sara Montiel representaba unha certa frivolidade cañí e Michel non pasaba de ser un crooner de segunda división, Raphael era unha estrela do panorama pop internacional e, malia el posiblemente, formaba parte da farándula que gozaba da simpatía do réxime. Circunstancia que non foi obstáculo para que o propio Leonid Brézhnev –daquela Secretario Xeral do Comité Central do PCUS- asistise entusiasmado a algún dos seus concertos.
Desde Rusia con amor
O documental de Baig e Rovira compara aquelas dúas velocidades, ben distintas en aparencia, que levaban a Europa occidental e a Europa oriental, entre aquela Viena que en 1967 acollía a Raphael e o seu “Hablemos del amor” no festival de Eurovisión, e aquela Praga que ensaiaba un socialismo de rostro humano, experimento sufocado en agosto de 1968 polos tanques do Pacto de Varsovia.
Unhas velocidades que resultaban moi parecidas entre dúas ditaduras, aparentemente opostas nas ideas pero que exercían un control moral idéntico, con censores que non deixaban escapar un exceso en materia de erotismo. Pero grazas á invitación oficial e por unha vez –á que seguiron outras-, aqueles ollos de Raphael axudaron a espertar, aquí e alá, as ilusións dunhas mozas que querían expresar os seus sentimentos.
Uns sentimentos que no caso soviético, non sempre tiñan comprensión nin correspondencia por parte duns mozos que se atopaban ben lonxe do ideal socialista do home novo igualitario. Os acenos raphaelianos –ás veces sobreactuados e andróxinos- espertaban unha sensualidade masculina ben distinta á virilidade brutal dos obreiros metalúrxicos que o PCUS puña coma modelo.
Pero o impacto daquelas actuacións organizadas por Goskontsert foi máis alá: as peticións para estudar español aumentaron naqueles anos un 60%.

O cantante na Praza Vermella / Joaquim Ventura

Michel (1933-2009) / Joaquim Ventura

Sara Montiel (1928-2013) / Joaquim Ventura
Suscríbete para seguir leyendo
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- «En una vivienda de tu propiedad no es legal que te prohíban tener mascotas»