Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Descarnado realismo

Dando voz aos obreiros

Descarnado realismo

Rebeca Harding Davis foi unha pioneira do realismo norteamericano do século XIX, unha escritora popular e moi lida. En 1861 publicou A vida na fundición, novela curta que veu luz na prestixiosa revista bostoniana Altlantic Montlihly, na que tamén apareceron outras narracións súas vencelladas ao tema da muller traballadora. A autora publicou dezanove novelas, cento setenta e cinco relatos e máis de douscentos ensaios que caeron durante anos no esquecemento, (malia a fama que Rebeca Harding acadara en vida) para volver estar de actualidade desde hai medio século grazas ao movemento e á crítica feminista. Cómpre dicir que parte da súa obra está pensada para unha muller lectora. A publicación de A vida na fundición pola escritora Tillie Olsen en Feminist Press, en 1972, foi decisiva para o seu rescate como literata.

Life in the Iron Mills, como o era o título orixinal da novela comentada, que foi a a que a catapultou á fama, dá unha visión sombría do mundo obreiro, desvela a terrible maquinaria que escurece a paisaxe física e moral dunha cidade fabril e presenta uns personaxes abocados a un aciago destino por circunstancias desfavorables, que engaden dramatismo a unha realidade de pobreza, explotación, lama e cinza.

A preocupación formal e as interpelacións da narradora ao lector son claves nunha obra de descarnado realismo que fornece voz aos obreiros nunha sociedade na que carecen de representación. Os protagonistas do relato, os curmáns Deborah e Hugh Wolfe, son a antítese do éxito norteamericano e un símbolo das desigualdades que aínda hoxe dividen a unha sociedade, por outra parte, tan poderosa.

HARDING DAVIS, R., A vida na fundición, Hugin e Munin, Santiago, 2020, 12 €

Descarnado realismo

Descarnado realismo

Compartir el artículo

stats