Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Atractiva temática

Unha ficción trascendente

Atractiva temática

Entre realidade e ficción móvense as personaxes de Un mundo para Maruxa, de modo que se entremesturan o desexo de que algo suceda e a necesidade de que se resolva satisfactoriamente o problema. En calquera caso, o lector mozo percibirá dalgunha maneira a través do conto como é interpelado e animado polos movementos que Iria, os maiores e os seus amigos realizan e no que xoga un papel importante a presentación dos feitos: ao comezo captación da atención coa chegada de Maruxa a porto en condicións pésimas de saúde, logo ábrense dúas frontes coa visita a un Centro de Recuperación de Animais e cunha excursión a unha residencia de maiores, séguelle unha actuación produtiva nos dous espazos e finaliza cunha resolución positiva do conflito.Velaí, entón, os ingredientes básicos dun texto con temática atractiva que a autora resolve cun final feliz do que seguramente se extraian conclusións e actuacións que axuden á mellora do planeta terra.

Se así fose, benvida a ficción que dunha ou doutra maneira se basea na realidade e que procura moldear ou definir o que vivimos e como o facemos, porque dármonos conta de que realidade e ficción poden estar interconectadas leva á creación de relatos como o que protagoniza Iria, unha rapaza que logo de coñecer a problemática dos animais que coidan os biólogos Eloi e Susana non dubida en botar man do que ten ao seu redor para que o plan trazado funcione, convencida de que a acción duns poucos pode mudar os hábitos dunha colectividade.

A compoñente utópica dos textos literarios que tenden a amosar o potencial humano, a plasmar o desexado, a trascender dentro da ficción cara a mundos máis xustos e esperanzadores maniféstase dunha forma singular neste libro que Estefanía Padullés vén de publicar na colección “Buguina” de Belagua Edicións.

PADULLÉS, Estefanía, Un mundo para Maruxa, Belagua, Vigo, 2020, PVP.13, 30 €

Atractiva temática

Atractiva temática

Compartir el artículo

stats