DTO ANUAL 27,99€/año

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Valiosa aprendizaxe

Dunha tenra historia

Valiosa aprendizaxe

Valiosa aprendizaxe

Unha guía que indica o camiño e un capitán que dirixe e goberna os pasos son os protagonistas dunha tenra historia que teñen á filla e ao pai como personaxes que engaiolan o lector mozo. Ademais un monllo de animais reais e imaxinarios amenizan o percorrido cotiá que separa a casa da escola e que cada día devén único porque así o viven os dous.

Nunha sorte de sinestesia sensitiva mestúranse sons que evocan imaxes e percíbense olores que se poden tocar e que provocan ao mesmo tempo un torrente de sensacións pracenteiras que fan do traxecto unha experiencia única, porque o ritmo que marca o bastón se acompasa coa melodía do corazón e a música resultante soa alegre e harmoniosa. É a felicidade de sentirse acompañado, é a gratitude de poder acompañar e é o camiño que se realiza os que permiten disfrutar da vida na súa plenitude a pesar dos atrancos que, a priori veñen impostos, os que fornecen os folgos abondos para encetar un novo día coma se fose único.

Neste cometido non están sós, botan man da imaxinación para converter o habitual en extraordinario, o ordinario en excepcional relacionando o que escoitan e o que fan con seres marabillosos, con momentos divertidos e pensamentos positivos, de modo que se pon de manifesto que a falta ou a merma dalgunha facultade pódese perfectamente superar co desenvolvemento doutras habilidades.

Trátase dunha aprendizaxe valiosa para cativos e maiores que, a miúdo, tenden a minusvalorar capacidades ou facultades que restan competitividade e dinamismo á hora de afrontar retos, cumprir obxectivos ou acadar metas e que sería bo potenciar se se desexa unha cidadanía feliz, unha sociedade comprometida co benestar, un mundo mellor.

MOURE, Gonzalo, Miña Guía, meu Capitán (Ils. María Girón), Kalandraka, Pontevedra. 2020, PVP. 15 €

Valiosa aprendizaxe

Valiosa aprendizaxe

Compartir el artículo

stats