Aires de noso
Casa Museo Rosalía e Ruta Rosaliana, Padrón

Cruceiro situado no mesmo lugar. / Tere Gradín
A Casa Museo de Rosalía preserva o legado da autora de Follas Novas, ademais de mostrar como era un casarón típico do XIX. É un dos moitos atractivos de Padrón, terra literaria ligada para sempre á tradición xacobea. De certo, a localidade onde comezou a historia das peregrinacións a Compostela conta cun atractivo casco urbano: prazas típicas, rúas estreitas, casas barrocas, pazos e monumentos. Moi preto do centro, no lugar da Matanza, abre as súas portas a casa onde Rosalía pasou os seus últimos anos.
No outono de 1947 creouse o Padroado Rosalía de Castro co fin de preservar e rehabilitar este casarón secular no que viviu a autora de Cantares gallegos. Converteuse en Casa Museo en 1972 e desde entón nela vive parte da memoria e a obra rosalianas. Xa que logo, o edifico -que conserva practicamente inalterada a súa estrutira orixinal- foi converterse nun museo monográfico sobre a vida e a obra da insigne escritora. En efecto, aquí viviu Rosalía co seu marido, Manuel Murguía, e cos fillos de anos os seus derradeiros anos ata faceler en 1885. No percorrido pódense contemplar numerosas fotos da poeta, dos seus familiares e amigos, recordos persoais, escritos e obxectos cotiáns na Galicia do século XIX. A Casa da Matanza atópase rodeada do que entón era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín de época. A parra baixo a cal Rosalía escribía os seus versos constitúe un elemento central do emblemático espazo verde, que conta cunha monumental figueira catalogada como árbore senlleira –quizais plantada por ela-, ademais dunha variedade, a Camelia Rosalía, creada en honra á literata. O coñecido como “Loureiro dos Poetas” é un descendente do grande exemplar que aparece nas fotos familiares.
Ademais das salas nas que se mostran edicións das súas obras, con títulos e datas, ou recoñecementos que a escritora tivo en vida, así como audicións, a casa é tamén un museo etnográfico no que non falta detalle, desde a cociña con lareira a mobiliario propio desa época finisecular. A Casa da Matanza conforma o punto culminante da Ruta Rosaliana, un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na existencia da grande poeta e que engloba, entre outros, Santiago, Bastavales, Lestrove ou o propio Padrón, lugar onde está situada a igrexa de Santiago, baixo cuxo altar se atopa o pedrón: isto é, a famosa pedra á que foi suxeita a barca do Apóstolo. Moi preto está o paseo do Espolón; moi próxima a el, a praza de Macías.
O Ulla divide o concello en dúas partes, unidas por unha ponte de pedra. Dun dos lados sitúase o convento do Carme, desde cuxo adro vénse gozar dunha magnífica panorámica da vila. O cenobio atópase situado na aba do monte San Gregorio, onde se atopa a ermida de Santiaguiño do Monte, pintoresco lugar cheo de lembranzas xacobeas. O interior da capela consta dun único alta, presidido pola imaxe pétrea de Santiago. Nas proximidades está o conxunto de grandes penedos de peregrinación. No século XVI, os devotos subían de xeonllos rezando en cada un dos chanzos e finalizaban o rito pasando a través dos ocos entre as pedras. A crenza popular asegura que se non se percorren de vivo, farase de morto, como no Santo Andrés de Teixido.
Ten Padrón uno dos xardíns botánicos máis antigos de España. Ocupa case unha hectárea, cunhas trescentas especies de diversa procedencia. Monumento Artístico Nacional desde 1946, alberga tamén exemplares de árbores senlleiras de Galicia. A palmeira do Senegal, as dúas secuoias vermellas ou a Coroa de Cristo – Cercis siliquastrum- son algúns dos seus moitos habitantes.
Antiga sede episcopal, a igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia posúe numerosos elementos de interese, tanto no exterior como interior. Segundo a tradición, foi a primeira catedral de España. En fronte está a Fundación Camilo José Cela.
Os lugares da poeta
A Ruta Rosaliana é un percorrido polos espazos vinculados vital e literariamente á autora, e que se manifestan na súa obra. Foi Avelino Abuín, escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a pegada impresa de Rosalía, quen promoveu a creación deste traxecto xa nos anos oitenta. Parte de Santiago, onde naceu a insigne galega en 1837, nunha casa, xa desaparecida, que lindaba co Camiño Novo. O roteiro baixa cara a Bertamiráns, no veciño municipio de Ames, para continuar en Bastavales, no concello de Brión, onde se atopa a igrexa coas campás máis famosas de Galicia –á parte das de Santiago– sobre as que fala Rosalía nos Cantares Gallegos. Foron instaladas en 1828 e, se a visita se fai con tempo, é imprescindible unha parada na carballeira de Santa Minia, onde está o santuario do mesmo nome, de grandes dimensións e monumentalidade, no cal se venera á mártir romana.
Xa no concello de Dodro, Rosalía pasou tempadas no pazo da Ermida, en Lestrove, onde escribiu algunha obra. En Arretén, en Padrón, está a Casa Grande que aparece nos seus versos, o pazo da familia materna. O momento culminante do roteiro é a chegada á Casa Museo e mais as súas diversas seccións. Rosalía estivo enterrada de 1885 a 1891 no cemiterio de Adina; desde entón descansa no Panteón de Galegos Ilustres.

Fachada da Casa-Museo. / Tere Gradín

Exterior da Casa-Museo rosaliana. / Tere Gradín

Ermida do Santiaguiño do Monte. / Tere Gradín
Suscríbete para seguir leyendo
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- El cirujano Diego González Rivas sorprende a Alba Carrillo con este menú gallego: «Debería ser patrimonio de la Humanidad»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio